E dixo o pelacho: -Tengo tanta hambre… que me comería un bicho. -Unha vacaloura, por exemplo? -¡¡¡¡Nooooo!!!! Mejor uno que no tenga patas, ni ojos. -Ah, entón un verme! -¡¡¡¡Nooooooooooo!!!! ¡¡¡Mejor prefiero la vacaloura!!!

Archive for Agosto, 2007

« Previous Entries

Piedra, papel, tijera e todo o que se nos ocorra…

Martes, Agosto 28th, 2007

O pelacho e o primo J. estaban a xogar a piedra, papel, tijera. Cando xa levaban unhas cantas partidas...

-¡Tijera! Dixo J. primeiro.
-¡Bazooka! Dixo o pelacho, con todos os dedos da man a medio abrir, como unha pouta. ¡Y mi bazooka gana a tu tijera!

Seguinte partida:

-¡Bazooka! Dixo J. triunfante

O pelacho, co dedo como o Colón da estatua, dixo máis triunfante, se cabe:

-¡Destornillador! ¡Que desmonta tu bazooka!

Foi a derradeira partida do día. A carreira armamentística está aberta.

Chuzame! chuzame -

De pezoñas e outros males

Martes, Agosto 28th, 2007

Logo de xantar, a avoa C. púxome ao día sobre os aconteceres da mañá cunha seriedade pouco habitual nela (previamente xa me contara que a pelacha arrincara Blutak da parede do cuarto dos xoguetes para darllo a comer á prima P. como se fose chicle).

-A ver pelacha, cuéntale a mamá lo que le hiciste a la prima P.

-Le di blutak. Dixo toda seria, tamén.

-¿Y por qué le diste blutak? Preguntou a avoa aínda máis seria.
-Poque yo pensaba que era chicle pedo sólo eda veneno...

Chuzame! chuzame -

A guerra é a guerra!

Xoves, Agosto 23rd, 2007

O primo J. xogando ás batallas:

-Ríndete, canarias!

Chuzame! chuzame -

Premio de relato corto LAS REDES DE LA MEMORIA

Xoves, Agosto 23rd, 2007

Unha das cousas que máis me impresionaron desde que comecei a asomarme acotío á Rede, animada polo amigo Pawley, aló polo 2003, foi a grandísima posibilidade que se nos abría de informar sobre calquera asunto. Eis o que me vén á cabeza ao recibir un correo dunha boa amiga, que me solicita axuda para dar a coñecer este certame. E como toda moeda ten dúas faces, tamén lle dou unha voltiña á actitude negativa dalgunhas persoas, normalmente de peso dentro dunha comunidade, cara á promoción de anuncios, eventos e contidos propios. Si, estou a falar do, para min xenericamente mal chamado, autobombo. Eu estou radicalmente a favor.

Chuzame! chuzame -

Nomes e apelativos

Martes, Agosto 21st, 2007

(Desde hai meses a pelacha só me di mamá cando se refire a min en terceira persoa, habitualmente chámame Tati porque di que ese é o meu nome. A ver cando lle explique que nin sequera ese é o oficial... A tía T. preguntoume se non me importaba e díxenlle me daba exactamente igual. Entón argumentou que ela non levara os seus fillos na barriga durante nove meses para que despois a chamasen polo seu nome, como o resto da xente.)

-Tati, ¿Por qué no jugamos a que yo era médico y tú te habías muerto?

-Pero pelacha, para que quero eu un médico se estou morta?

-Claro. Dixo ela asentindo.

-Entón non xogamos?

-¡Jugamos igual!

Chuzame! chuzame -
« Previous Entries

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08




  • O que ando a ler

    Planned books:

    Current books:

    • Mil mesetas

      Mil mesetas by Gilles Deleuze e Felix Guattari

    • Book of Longing

      Book of Longing by Leonard Cohen

    • Historia de la fealdad

      Historia de la fealdad by Umberto Eco

    • Historia de la locura

      Historia de la locura by M. Foucault

    • Cuentos Completos

      Cuentos Completos by Truman Capote

    Recent books:

    View full Library

  • Arquivos

  • Semente

    • Any Feed Reader