Archive for Agosto, 2007
Next Entries »Conversas de carro
Venres, Agosto 17th, 2007(Desde o bar Plaza de Riveira)
O pelacho espirrou de súpeto cando estaba a falar coa pelacha e duchouna.
-Pelacho, no se estornuda a la gente. Y... con vosotros... yo soy gente. Y... en la selva... soy selva!
chuzame - In media res
Xoves, Agosto 16th, 2007-Mamá, ¿Tú por qué eres buena?
-Mmmm... porque son máis feliz sendo boa que non o sendo (ás veces, dixen polo baixo).
chuzame - Adiviña
Martes, Agosto 14th, 2007-¿Qué es esto amarillo que tengo en el dedo?
-Non sei, pelacha. Onde metiches o dedo?
-En lo culo...
chuzame - Feira do libro
Martes, Agosto 7th, 2007
(Actualización: o libriño foi para o peto do pantalón, o pantalón para a lavadora e aí rematou a súa historia. O pelacho chorou desconsolado e propuxo ir mañá á Feira de novo. Dixo que, como fora seu, Quería botalo ao lixo el mesmo. Que conto ten.)
Onte fixemos a primeira visita á Feira do libro coa intención de falar con Vázquez Figueroa sobre a difusión gratuita da súa última novela na Rede mais non foi posíbel porque desapereceu do programa do día. Demos entón unha voltiña con dous obxectivos: por unha banda facernos con Contos da Coruña, que presentará Xurxo Souto esta tarde e por outra, comprar un libro para o pelacho. Desde que leu el só o primeiro libro prometémoslle que por cada un que lea terá un outro: unhas veces será mercado e outras apañado temporalmente da biblioteca. Non lle insistimos nada mais o caso é que desde que rematou o curso e, aparte dos comics que mira/le todas as noites na cama, xa leva lido tres libros de historias.
Onte á tarde revisamos todos os postos que ofrecían libros para rapaces e tras moito remirar, logo de querer levar o primeiriño que aparecera, foi escoller na derradeira caseta do paseo un libro de preguntas e respostas sobre curiosidades como canto tempo hai que existen os xeados ou quen pisou a Lúa por primeira vez, tremendamente tentador.
Hoxe acordou con imperiosa necesidade de ir ao baño e, fiel seguidor dunha tradición da casa que eu non represento, escolleu o microcompendio de saberes como compañía. Cando saiu, ao ver eu que fora esa a única lectura que levara para o baño, pregunteille:
-E estiveches lendo ese libro todo o tempo?
-No lo leí ahora... pero acompaña mucho.
chuzame - Conversa de carro entre pelachos
Luns, Agosto 6th, 2007-ME DUELE LA VAXINA, ME DUELE LA VAXINA, ME DUELE LA VAXINA!!!!
-No pienses en ella, pelacha.
-ES QUE ESTOY PENSANDO EN ELLA, PELACHO!!!
chuzame - Next Entries »







