« Así falou Calidonia | Home | Un novo amigo na casa »
Cabodano do avó Manuel
By Leco | setembro 23, 2007
Venres de tarde marchamos para a aldea, era o cabodano do avó Manuel e queriamos estar coa familia. Como non contabamos con que non terían aínda rematado a ponte que tiñamos que atravesar para chegar á casa houbemos dar unha volta no último momento que nos fixo chegar dez minutos tarde á igrexa. Ao ver baixar o papá ás carreiras o pelacho preguntou:
-¿Qué va a hacer papá?
-Vai á Igrexa.
-¿A qué va a la iglesia?
-Hoxe hai xusto un ano que morreo o avó Manuel e toda a xente que o quería reúnese na igrexa para lembrar o bo que era. Dixen eu.
-Pobriño. Respondeu o pelacho. Entendíanse moi ben os dous e moito o sentiu o noso pelachocando houbo que explicarlle que non había de velo máis. Aínda de cando en vez se lembra del á hora de durmir e hai que contarlle de novo que xa era moi maior, que xa vivira toda unha vida de felicidade e que tivo a fortuna de marchar sen grandes padecementos.
Hai só uns meses a conversa tería rematado aquí mais desta volta proseguiu por vontade da pelacha, que de súpeto tivo unha preocupación que resolver:
-¿Y le dolió mucho cuando se murió?
P.S. A pelacha voltou con décimas e chea de mocos, ao pelacho declaróuselle hoxe o mesmo pequeno mal. Comezan a semana sen ir ao cole.
chuzame -
Topics: conversas de carro, pelacha, pelacho |








setembro 25th, 2007 at 11:02 am
É curioso o moito que nos preocupa a dor cando somos pequenos, e a pouca importancia que lle damos cando convivimos con ela acotío.
setembro 25th, 2007 at 11:23 am
Curioso, si. A miña primeira reflexión sobre iso vén de cando tanto me doeron os ovarios cando me veu a regra por primeira vez. Pensaba que a partir de aquel momento pasaría a vida atemorizada a contar os días que faltaban para a seguinte. Esa dor duroume moitos anos mais o terror esvaiuse nos días seguintes e nunca máis voltou.