E dixo o pelacho: -Tengo tanta hambre… que me comería un bicho. -Unha vacaloura, por exemplo? -¡¡¡¡Nooooo!!!! Mejor uno que no tenga patas, ni ojos. -Ah, entón un verme! -¡¡¡¡Nooooooooooo!!!! ¡¡¡Mejor prefiero la vacaloura!!!

Archive for Setembro, 2007

Next Entries »

Tornado in media res

Luns, Setembro 17th, 2007

-¿Verdad que no puedes pasar una noche entera mojando una piedra en miel?

-?

-¡Claro! ¿Verdad que no te lleva toda la noche hacer eso? ¿Verdad que se hace en menos tiempo?

-De verdade que non teño nin idea de que me estás a falar.

-Mmm... ¿Cómo recogen la miel los americanos?

-Quee?

-Me refiero a la tribu. ¿Cómo lo hacen en la tribu?

-Pois imaxino que igual que os chineses ou os africanos.

-Ah. [...] ¡Oh! ¡Mi corazón ha dejado de latir!

-Ha, hahahaha!

-Quiero decir que ha parado de bombear sangre: pon-pón, pon-pón, pon-pón...

-Sabemos o que é "latir", pelacho.

Entón a pelacha comezou a falar soa:

-Los huesos aguantan. Sí, tengo carne por aquí y hueso por dentro y tengo pelos aquí...

E nisto chegamos á casa de Alberto, Paula e Hugo.

Chuzame! chuzame -

Hai días que…

Mércores, Setembro 12th, 2007

Hoxe comezou o curso. Levamos o pelacho para as 9:30 e agardamos até ás 12:00 para a reunión de pais de nenos de tres anos porque aínda estamos a esperar polo noso piso novo en Arteixo e non nos compensaba volver á Coruña. Saímos da reunión ás 12:45 e agardamos de novo até as 14:30 que saía o pelacho porque tampouco nos compensaba movernos de alí. Mañá o pelacho entrará de novo ás 9:30, a pelacha comezará a súa longa estadía no sistema educativo ás 10:30; sairá ás 12:30 durante as dúas primeiras semanas -agás o venres, que non deberá ir porque o primeiro e o segundo día só acoden a metade dos cativos-, ás 13:30 a última semana de setembro e ás 14:10 a partir de outubro e ás 14:30 o pelacho. Disque o fan pola adaptación,, mais nós preguntámonos onde está a adaptación dos nenos cuxos pais non poden permitirse pasar doce mañás enteiras no colexio: soben ao autobús quen sabe a que hora, van para a guardería até as 10:30, que entran no colexio a se adaptaren; saen ás 12:30 unha miga máis adaptados, soben ao autobús e volven á guardería onde os recollen seus pais ás 14:30 ou fican alí a xantar. Os niveis que cada profe imparte escóllense por antigüidade no centro, o mesmo criterio sobre o que se organizan os horarios das distintas disciplinas. A comodidade dos docentes sempre é a razón orixinal para promover a escolla da xornada única nos centros. Polas tardes os centros educativos están de novo cheos de nenos porque é importante a socialización... e moitos acaban pasando dez horas no colexio cada día, douscentos días ao ano!

En fin, a pesar de estar no aire por ser provisional o pelacho volver ter a mesma profe do ano pasado. Foi xenial ver como se alegraban todos de vela de novo e ela de velos a todos.

A pelacha ten unha lista enorme de material entre o que aparecen dous bloques de plastilina. Cada rapaz debe levar unha cor diferente para non xuntaren moita das mesmas cores e á nosa pelacha correspondeulle levar plastilina rosa!!! Non pode estar máis feliz. Tamén ten que deixar no cole unha muda completa por se hai algún incidente, aínda que xa nos avisaron: se lles escapa o pis, non hai problema porque as mudan as mulleres das limpeza mais se é caca, entón telefonaranos a profe e ficarán con ela no cu o tempo que demoremos en ilos mudar. Tampouco o entendemos, debemos estar hoxe moi negativos. É probábel que non sexa un labor dos profes nin do persoal de limpeza pero é tan necesario como os primeiros auxilios cando fan unha ferida, non?

Segundo "en fin", o máis importante de hoxe é que o pelacho cumpriu sete anos! Seica recibiu todos os presentes que pediu á nosa longa familia: un globo terráqueo con luz, un reloxo co que poder bañarse, os dous últimos xogos de Pokemon para a GameBoy e algunha cousa máis. A nós pedíranos que o levásemos de compras hoxe pola tarde para poder escoller in situ mais cando iamos cara ao colexio de mañá díxonos:

-Quiero que me regaléis una planta!

-Pero pelacho, xa temos plantas na casa.

-Pero quiero tener una que sea mía para cuidarla yo y tenerla en la habitación.

-Pode ser. Que che parecería un bonsai?

-¿Qué es un bonsai?

-Unha árbore en miniatura.

-Es justo lo que me temía pero no estaba seguro. Me parece bien un bonsai! Y, por cierto, en mi fiesta puedo mandar?

-Mandar?

-Sí. Si puedo mandar, entonces diré: ¡Es la hora de comer la tarta así que, el que no quiera tarta puede levantarse y marcharse de la mesa! ¡Y entonces yo me levantaré y me iré sin comer tarta!

Con esas andabamos cando se cruzou no noso camiño un camión de laranxas Ibáñez e o pelacho exclamou sorprendidísimo:

-¡ANDA! ¡IBÁÑEZ! ¡LE HAN ROBADO EL NOMBRE A MI ESCRITOR FAVORITO!

Xa pola tarde fomos cumprir co ritual e voltamos para casa cunha diana de dardos, un feixe de miniaturas Pokemon e un ficus bonsai.

Chuzame! chuzame -

O lado bo do malo

Venres, Setembro 7th, 2007

A pelacha segue pocha. Leva desde sábado con febre e ten momentos en que se farta de non se sentir ben, como onte:

-Pelacha, estás un pouco farta de estar pocha, verdade?

-SI

E o optimismo proverbial do pelacho acudiu na súa axuda:

-Piensa en la parte buena que tiene estar enferma... Te tratamos mejor... que antes!

Chuzame! chuzame -

Un día completo

Mércores, Setembro 5th, 2007

A pelacha leva tres visitas ao médico nos últimos catro días porque non lle dá baixado a febre que, disque, se debe a un virus rabudo. Hoxe atendeunos en urxencias un doutor que xa viu os pelachos en moitas outras ocasións e aproveitei para darlle as grazas por animarme a deixar de fumar hai xa uns seis meses. Cadrou que foi o empurrón que me faltaba naquel momento e fíxoseme patente que os consellos moitas veces non serven de nada e algunhas veces o son todo para dar un paso. Pensei que lle alegraría sabelo e así era. Contoume o caso dunha rapaza que coñecía había anos. Rematara unha licenciatura en Literatura e ofrecéranlle un posto nunha escola, mais estaba tentada a rexeitalo porque era moi tímida e non se vía quen de afrontar o día a día cos cativos. Seica el soubo dos seus medos e foi onda ela para a convencer de que nese posto estaban o seu futuro e a súa felicidade. Dixo que aínda agora, moito tempo despois de aquilo, recibe anualmente unha carta da rapaza porque gosta de lembrar o que fixo por ela e para poñelo ao tanto da súa vida.

Cando voltamos do médico díxenlle ao pelacho. Sabes, había na sala de espera un neno de nove anos que era loiro, tiña lentes, non paraba de moverse e bater o chan cos pés, falaba como unha metralladora, gostaba de palabras como "minúsculo", non tiña gana de que comezase o novo curso, era un fanático dos Pokemon e dos videoxogos e facíalle trampas á súa nai xogando a "piedra, papel, tijera" porque cando ela dicía papel, este neno contratacaba con papeleira que, dicía, comía o papel. Se non fose porque tiña nove anos en lugar de case sete e que este se chamaba Nacho, a quen dirías ti que se parecía? A estas alturas o pelacho xa non daba parado de rir e contestou todo satisfeito que se parecía a el.

Pola tarde ficaron na casa o papá e a pelacha, moi ronchiña ela e empeñada en que baixo ningún concepto lle retirásemos o esparadrapo que lle deixaran logo do pinchazo para as análises, e eu saín co pelacho para a Fnac, á presentación do libro de M. Núñez Centella, Esta es mi gente, que xa tiñamos porque nolo regalara o noso bo amigo Pawley. Ao pelacho pareceulle aburrida porque tiña os ollos e os miolos postos nos tebeos que habiamos de mirar despois, na procura de algún tesouro mais eu paseino moi ben.

Foi unha dobre alegría atopar a Ghanito entre o público, amais de Descalza e Irene, porque, ademais de que, aínda que coñecéndonos pouco, é unha desas persoas que transmite alegría sempre que o vexo, botamos man dos seus coñecementos sobre banda deseñada para que aconsellase o pelacho. Procuramos sen éxito algún número de Bone e ao final o pelacho inclinouse por un moi chulo de Pucca, con deseños e letras moi grandes.

Enfiando o camiño de volta decateime de que o pelacho nunca fora en bus e apañamos o 2 na Praza de Ourense que, en cinco minutos nos deixou case diante da casa, para sorpresa do neousuario.

Ao chegar atopei un correo da tía T. que ainda me fixo rir un bocado:

"Viendo rezar a Blancanieves:

Prima P: Por qué habla con la ventana?
Tía T: No está hablando con la ventana, está rezando
Primo J: Y qué es rezar?
Tía T: Es hablar con Dios
Primo J: Ah, como los dioses que aparecen en (no recuerdo qué dibujos animados me dijo)
Primo J: Y los dioses son estrellas fugaces?
Tía T: No
Primo J: Pero están en el cielo
Tía T: Sí
Primo J: Y las personas saben que están en el cielo?
Tía T: Bueno, algunas personas creen que existen y otras creen que no
Primo J: Y tú crees que existen?
Tía T: Sí, yo sí
Primo J: Yo también. Y alguno de tus compañeros del cole cree que no existen? (a tía T. é profe)
Tía T: Pues me imagino. Papá por ejemplo no cree que exista Dios
Primo J: (pensativo) Él se lo pierde!"

Chuzame! chuzame -
Next Entries »

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08




  • O que ando a ler

    Planned books:

    Current books:

    • Mil mesetas

      Mil mesetas by Gilles Deleuze e Felix Guattari

    • Book of Longing

      Book of Longing by Leonard Cohen

    • Historia de la fealdad

      Historia de la fealdad by Umberto Eco

    • Historia de la locura

      Historia de la locura by M. Foucault

    • Cuentos Completos

      Cuentos Completos by Truman Capote

    Recent books:

    View full Library

  • Arquivos

  • Semente

    • Any Feed Reader