E dixo o pelacho: -Tengo tanta hambre… que me comería un bicho. -Unha vacaloura, por exemplo? -¡¡¡¡Nooooo!!!! Mejor uno que no tenga patas, ni ojos. -Ah, entón un verme! -¡¡¡¡Nooooooooooo!!!! ¡¡¡Mejor prefiero la vacaloura!!!

« Consulta/adiviña | Home | Santiago Auserón e outras cousiñas »

Linguas de nivel

By Leco | Outubro 16, 2007

Nestes momentos a tía T. ten parto programado para mañá ás oito da mañá, o primo J. pasará estes días connosco, a prima P. ten un gripazo con febre, o avó J. está na cama con lumbago. Seguimos en Coruña porque aínda non nos entregaron o piso no que habiamos de estar desde decembro do ano pasado, polo que continuamos a levar os pelachos e os primos todas as mañás a Arteixo. Ah, e tamén andamos a tope de traballo... pero con moita arte!

Os tres pelachos estaban a devorar a tortilla que lles fixeramos de cea (a pelacha con maionesa e ketchup, o primo sen nada e o pelacho con maionesa, ketchup e mostaza; el gosta moito de picante) e o pelacho díxolle ao primo J.

-Para poder tomar esto (sinalando insistentemente a mostaza) hay que tener una lengua de nivel dos!!

Eu saín ás carreiras escachando coa risa para a cociña, tanto pola saída do pelacho como polo crédito que lle mereceu ao primo J. Será que teñen as linguas clasificadas de vello.

Chuzame! chuzame -

Topics: pelacho, primo |

3 Responses to “Linguas de nivel”

  1. peke Says:
    Outubro 17th, 2007 at 10:02 am

    Que características terá a lingua de nivel dous? :)

  2. peke Says:
    Outubro 20th, 2007 at 2:20 pm

    Que tal o novo bebé? Que tal a nai?

  3. Leco Says:
    Outubro 21st, 2007 at 9:38 pm

    pois agora todo moi ben. A ver se dou escrito un post :)

Comments

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08




  • O que ando a ler

    Planned books:

    Current books:

    • Mil mesetas

      Mil mesetas by Gilles Deleuze e Felix Guattari

    • Book of Longing

      Book of Longing by Leonard Cohen

    • Historia de la fealdad

      Historia de la fealdad by Umberto Eco

    • Historia de la locura

      Historia de la locura by M. Foucault

    • Cuentos Completos

      Cuentos Completos by Truman Capote

    Recent books:

    View full Library

  • Arquivos

  • Semente

    • Any Feed Reader