E dixo o pelacho: -Tengo tanta hambre… que me comería un bicho. -Unha vacaloura, por exemplo? -¡¡¡¡Nooooo!!!! Mejor uno que no tenga patas, ni ojos. -Ah, entón un verme! -¡¡¡¡Nooooooooooo!!!! ¡¡¡Mejor prefiero la vacaloura!!!

« Linguas de nivel | Home | Conclusións apresuradas »

Santiago Auserón e outras cousiñas

By Leco | Outubro 21, 2007

O meu último post é de martes, desde entón moitas cousas aconteceron, como non podía ser doutro modo nunha semana tan longa, porque estou por asegurar que esta tivo polo menos oito ou nove días: o avó seguiu co seu lumbago mais comezou a mellorar milagrosamente cando o convencemos da necesidade de tomar antinflamatorios. Repite connosco, dixémoslle, se volvo ter lumbago tomarei a medicina desde o primeiro día. O parto inducido da tía T. foi longo e laborioso porque resultou que non estaba de 41 semanas senón de 37 e o novo pelachiño non quería saír. A tía ficou esgotada mais recuperouse rápido e o novo primo pasou un par de días na incubadora porque tragou líquido. A súa vitalidade e o desespero por xantar a todas horas fixeron que desde onte xa estean todos na casa.

A pelacha púxose moi pocha o xoves e diagnosticáronlle unha forte larinxite que debe ser tratada con oito días de antibióticos: vomitou varias veces, durmiu mal e andou moi desganada durante un par de días, mais hoxe xa pasou o día sen febre. Os avós da Coruña pensaban levar os dous de camping a Malpica esta finde pero só o pelacho puido ir (apañou cogumelos, axudou o xuri no concurso de tartas e mil cousas máis); e a pelacha ficou con meus pais porque nós tiñamos que botar todo o sábado en Santiago: pola mañá nunha reunión de traballo e pola tarde para entrevistar o Santiago Auserón, irmos logo ao concerto ben acompañados e combinarmos de novo co rithm&blueseiro para cear xuntos e avanzar nos proxectos que nos unen e que esperamos poder anunciar en breve.

Ao saírmos da casa decatámonos de que non levabamos as entradas e houbemos de dar volta. Ao chegar a Santiago reparamos que deixaramos a cámara de vídeo na casa. Respiramos profundo e Alfredo ficou na reunión mentres eu voltaba por ela a Coruña. Quixen de paso mercar Gramática do Silencio para llo regalármonos ao Santiago pero o Suso devolvera o libro o día anterior.

Xantamos, preparamos a entrevista, que aínda levabamos sen acabar de concretar, e chegou o momento. A partir de aí todo rodou: o Pawley apareceu a tempo co libro, fixemos a entrevista, asistimos a un concerto inesquecíbel, con mil persoas en pé a corearen as sintonías do imaxinario común, talladas e brunidas pola cada día mellor e máis experiente voz do "Can" e unha orquestra de músicos moi novos manexada polas mans labradas do mestre Enric Palomar.

Ceamos acompañados pola boa conversa que non se despediu até as cinco da mañá, cando apañamos a autoestrada de volta. No peto, unha entrevista que publicaremos n'O levantador de minas nos próximos días, os oídos aínda tocados, mais nunca arrepentidos, polos efectos da amplificación na primeira fila e os ecos amábeis e ridentes de tan cálida tertulia: literatura, tradición, jazz, Heráclito, África, Radio Futura, Galdós, Mingus, os nosos pelachiños, Ellington, Ibn Arabi, Pessoa, Coltrane, Menéndez Pidal, Caetano Veloso, Juan Perro, Mesopotamia, Panero, Baptista, Judá Leví, Tolstoi: o futuro máis próximo e o pasado máis remoto. Unha noite para lembrar.

Actualizado: esquecera dicir que foi toda unha alegria atoparmos a Jan e a Moralla, esta última sentada xusto ao noso carón.

Chuzame! chuzame -

Topics: Pelachos, Tía T., leco, prima, primo |

8 Responses to “Santiago Auserón e outras cousiñas”

  1. Leco Says:
    Outubro 21st, 2007 at 10:50 pm

    Cando nos vimos á noite xa tiña lido un feixe de poemas de Baleirón e confirmounos que a nosa intuición de que había gostar era certa.

  2. Jan Says:
    Outubro 22nd, 2007 at 6:55 am

    Agardo imaciente por esa entrevista…Qué concerto!!! Espectacular!!!

  3. Leco Says:
    Outubro 22nd, 2007 at 9:40 am

    Si, foi fantástico o concerto! Canto á entrevista, nuns días terémola lista.

  4. peke Says:
    Outubro 22nd, 2007 at 5:36 pm

    Como lle digo a Pawley, se a envexa fose tiña non paraba de rañarme. Santiago Auserón, meu deus!
    Biquiños á pelacha. :)

  5. ghanito Says:
    Outubro 22nd, 2007 at 8:10 pm

    Tesme moi intrigado co proxecto (que xa é a segunda volta que o mencionas) que tedes en común.
    Agardo que toda a familia se poña boa axiña.

    Por certo (offtopic) si teñen na FNAC BD de Astiberri (coma Bone) mais estaba un chisco mais cara ó fondo e non a víramos aquel día.

  6. Leco Says:
    Outubro 23rd, 2007 at 10:33 am

    Grazas, Peke, agora caeu tamén o pelacho pero todo se andará :)
    Ghanito, vaiamos por partes: o proxecto Con Santiago aínda non podemos anuncialo porque é un traballo que facemos para outros e correspóndelles a eles dar a noticia, que ha ser grande, mais, se nada se torce, teremos o Can na eira durante uns cantos días aló por marzo. Grazas polos Bos desexos de saúde física, que da outra afortunadamente non vai habendo queixa ;) E grazas pola info sobre Bone, a verdade é que seguimos con ese libro na cabeza porque pensamos que lle pode prestar moito ao pelacho mais aínda non deramos con el.
    Bks para todos!

  7. Alberto Says:
    Outubro 23rd, 2007 at 7:04 pm

    Estou flipando co video … e aínda non acabara de flipar co concerto … e así unha tras outra … Que tipo este! A ver si conseguides que o poñan de carta de axuste en tódalas teles. Si?

    Grazas polo video.
    Biquiños e natillas.

  8. Leco Says:
    Outubro 23rd, 2007 at 8:46 pm

    Pois si que era unha boa idea, si :)

Comments

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08




  • O que ando a ler

    Planned books:

    Current books:

    • Mil mesetas

      Mil mesetas by Gilles Deleuze e Felix Guattari

    • Book of Longing

      Book of Longing by Leonard Cohen

    • Historia de la fealdad

      Historia de la fealdad by Umberto Eco

    • Historia de la locura

      Historia de la locura by M. Foucault

    • Cuentos Completos

      Cuentos Completos by Truman Capote

    Recent books:

    View full Library

  • Arquivos

  • Semente

    • Any Feed Reader