O pelacho naceu en 2000, a pelacha en 2004, o primo J. en 2002, a prima P. en 2004 e o primo Jj. en 2007.

Archive for novembro 7th, 2007

Saltar con rede… na Rede

mércores, novembro 7th, 2007

Hoxe comezaron as I Xornadas Virtuais de Literatura que montamos para a AELG, dirixidas ao profesorado da Primaria e a Secundaria e dedicadas nesta ocasión ás figuras de Xosé Mª Álvarez Blázquez e Agustín Fernández Paz. Foi unha alegría contar entre os participantes do primeiro día cun amigo e fabuloso orador (e blogueiro, e inconábeis veces laureado e tantas outras cousas) e un gran pracer coñecer un crítico de prestixio, que coñece a obra de Fernández Paz coma ninguén.

Foi a primeira transmisión en directo a través da Rede para a nosa nova empresa e, agás algún problema de largo de banda das conexións de algún dos participantes, todo saiu rodado. Nos próximos días subiremos os vídeos dos relatorios e os coloquios posteriores para que poidan ser revisados e distribuídos polos espectadores. Invádenos unha certa vertixe ao pensarmos que as intervencións de Docampo e Nicolás, así como as do propio Agustín e as de Mercedes Queixas, Víctor F. Freixanes, Goretoxo, Pepe Cáccamo e M. Pawley, que terán lugar no CMG da Coruña nos oróximos mércores deste mes, poderán ser seguidas e posteriormente vistas por veces ilimitadas por persoas situadas nos puntos máis afastados do mundo. Quen nos ía dicir hai moi poucos anos que isto sería posíbel e, aínda máis, que estaría ao alcance de calquera cuns recursos que hoxe podemos considerar case domésticos! Ademais, os profes participantes inauguran unha plataforma que lles permitirá partillar recursos e ofrecerse axuda mutua de modo permanente.

Para nós hoxe foi un gran día que eu precisaba compartir. Boa noite, mundo!

Chuzame! chúzame -

Boísima a última do homedareia!

mércores, novembro 7th, 2007

Chuzame! chúzame -

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08




  • O que ando a ler

    Planeados:

    Actuais:

    • Mil mesetas

      Mil mesetas de Gilles Deleuze e Felix Guattari

    • Book of Longing

      Book of Longing de Leonard Cohen

    • Historia de la fealdad

      Historia de la fealdad de Umberto Eco

    • Historia de la locura

      Historia de la locura de M. Foucault

    • Cuentos Completos

      Cuentos Completos de Truman Capote

    Recentes:

    View full Library

  • Arquivos

  • Semente

    • Any Feed Reader