E dixo o pelacho: -Tengo tanta hambre… que me comería un bicho. -Unha vacaloura, por exemplo? -¡¡¡¡Nooooo!!!! Mejor uno que no tenga patas, ni ojos. -Ah, entón un verme! -¡¡¡¡Nooooooooooo!!!! ¡¡¡Mejor prefiero la vacaloura!!!

« Díxolle a pelacha ao avó A. | Home | Atributos xenéticos »

Cousas difíceis de entender

By Leco | Novembro 27, 2007

A bisavoa María morreu hai dúas semanas aos 99 anos. Creo que viviu feliz toda a vida e non podo imaxinar que algunha vez tivese algún mal pensamento para ninguén. Foise apagando ao longo dunns pouquiños meses como unha candea que un ar de orixe incerta acaba por extinguir. Nunca estivo enferma e até hai ben poucos anos aínda ía a compra e facía a comida para todos os da casa.

Hai poucos días o primo Pedro, de cinco anos, preguntoulle á súa avoa, filla da avoa María:

-¿Y la abuela se murió de verdad?

-Sí, neniño.

-¿Y ya no vamos a verla nunca más? ¿No va a volver?

-No, neniño, ahora está en el cielo.

Entón o primo Pepe, de once, que tamén andaba por alí, engadiu todo contento:

-¡Qué contento debe de estar el abuelo después de tanto tiempo sin verla!

Chuzame! chuzame -

Topics: Primo Pedro, primo Pepe |

8 Responses to “Cousas difíceis de entender”

  1. Manuel Rivas Says:
    Novembro 27th, 2007 at 12:18 pm

    Pois logo o Pepe é un grande optimista e de seguro que axudou a avoa a sair do paso co Pedro.

  2. Tía T Says:
    Novembro 27th, 2007 at 12:28 pm

    O primo J. está desexoso de ir á casa da avoa María porque di que quere comprobar se o día que os deixamos cos avós de Santiago foi porque fomos de recados ou é realmente certo que a avoa María xa non está nin vai estar máis na casa :-)
    Creo que tratamos todo este asunto con tanta naturalidade que os nenos o asumiron como tal e o primo J. mesmo nos preguntou se tiñamos que levar pas ao enterro.
    En canto ao comentario do primo Pepe, me emociono cada vez que o leo e me fai lembrar do que sempre dicía o avó, que quería morrer primeiro para non ter que vivir sen ela :-)

  3. Leco Says:
    Novembro 27th, 2007 at 1:12 pm

    :) ;)

  4. peke Says:
    Novembro 27th, 2007 at 1:12 pm

    Sería ben bonito que se reencontrasen despois de tanto tempo. A ver, a ver. :)

  5. Leco Says:
    Novembro 27th, 2007 at 1:14 pm

    Con que nolo poidesen contar algún día eu xa me conformaba :D

  6. torredebabel Says:
    Novembro 29th, 2007 at 4:13 pm

    quen me dera a lucidez do primo Pepe para levar algunhas perdas dese xeito optimista…

  7. Leco Says:
    Novembro 30th, 2007 at 1:41 am

    Manuel Rivas e Torre de Babel: si que é optimista, é un rapaz encantador :)

  8. amilamia Says:
    Xaneiro 8th, 2008 at 9:47 am

    O ano que ven a aos reis pedireilles que me devolvan a inocencia, o agasallo máis prezado. Boísimo!.
    Bicos

Comments

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08




  • O que ando a ler

    Planned books:

    Current books:

    • Mil mesetas

      Mil mesetas by Gilles Deleuze e Felix Guattari

    • Book of Longing

      Book of Longing by Leonard Cohen

    • Historia de la fealdad

      Historia de la fealdad by Umberto Eco

    • Historia de la locura

      Historia de la locura by M. Foucault

    • Cuentos Completos

      Cuentos Completos by Truman Capote

    Recent books:

    View full Library

  • Arquivos

  • Semente

    • Any Feed Reader