O pelacho naceu en 2000, a pelacha en 2004, o primo J. en 2002, a prima P. en 2004 e o primo Jj. en 2007.

Archive for Novembro, 2007

« Previous Entries

Pequenas batallas

Venres, Novembro 30th, 2007

A pelacha aínda non acabara de ceibar os últimos mocos cando apareceron uns novos con reforzadas enerxías. A noite presentábase complicada e o papá propuxo darlle uns xiringazos de soro no nariz para escorrentalos. -Lembras? como aquel outro día que o fixeches tan ben. E non che doeu nada. Mais aínda que tiña vontade de […]

Atributos xenéticos

Mércores, Novembro 28th, 2007

A avoa C. leva e cabelo recollido nunha cola desde tempos inmemoriais. Os palachos, incluídos os primos, falan del como o “pompón”. O outro día o primo J. preguntoulle á avoa: -Abuela, ¿tú ya naciste con el pompón?

Cousas difíceis de entender

Martes, Novembro 27th, 2007

A bisavoa María morreu hai dúas semanas aos 99 anos. Creo que viviu feliz toda a vida e non podo imaxinar que algunha vez tivese algún mal pensamento para ninguén. Foise apagando ao longo dunns pouquiños meses como unha candea que un ar de orixe incerta acaba por extinguir. Nunca estivo enferma e até hai […]

Díxolle a pelacha ao avó A.

Domingo, Novembro 25th, 2007

-¿Por qué yo soy pequeña y tú eres tan grande? -Porque ti hai pouco que naciches, pelachiña, pero xa verás, aínda has ser moito máis grande ca min. -¿De verdad?

Babel, babel!

Venres, Novembro 23rd, 2007

O papá sae coa pelacha da ducha, e mentres a leva cara ao cuarto envolta na toalla vaille dicindo: -A menina é brasileira? A pelacha sorrí. -A menina é portuguesa? A pelacha sorrí. -Nooon, a menina é galega! A pelacha sorrí e di: -Hello! (Están ambos a se libraren dese virus de gastroenterite que tantas […]

« Previous Entries

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08

  • Histórico