O pelacho naceu en 2000, a pelacha en 2004, o primo J. en 2002, a prima P. en 2004 e o primo Jj. en 2007.

Archive for Novembro, 2007

« Previous Entries Next Entries »

Sen palabras

Martes, Novembro 20th, 2007

Imaxinamos que foi polo “ataque psíquico” dos Pokemon que o pelacho asaltou o tranquilo camiñar da pelacha polo corredor da casa ao grito de: -¡¡¡Arriba las manos o te vuelvo loca!!!

Incerteza fundacional

Luns, Novembro 19th, 2007

O papá saía coa pelacha da ducha a contarlle por enésima vez o conto de Lawrence de Arabia e ao chegar á parte en que, sen auga, no deserto di: -“Meu Deus!” xa completa a pelacha: -“axúdame, que morro!” Pero hoxe a pelacha dixo algo máis: -Si, pero quen é Deus? Entón o pelacho respondeu […]

Do casamento do tío M. ao casamento dos papás pelachos: o antitópico

Domingo, Novembro 18th, 2007

Hai algo máis dun ano comezaba a falar do casamento do tío M. pensando en contar como fora o noso, mais algo me reclamou antes de rematar o post e anunciei que continuaría o que ficaba a medias. A semana pasada o Eduardo lembroumo e, como me coñezo, prometín e prometinme que sería o próximo […]

Gavilán o paloma

Sábado, Novembro 10th, 2007

-¿Por qué se llama quebrantahuesos a los quebrantahuesos? – Mmmm, xa o miraremos ao que cheguemos a casa pero teño idea de que usan pedras para abrir ovos e comelos. A verdade é que non me lembro ben. -Y entonces las águilas seguro que todavía usan piedras más grandes. -Non creo que as aguias coman […]

Saltar con rede… na Rede

Mércores, Novembro 7th, 2007

Hoxe comezaron as I Xornadas Virtuais de Literatura que montamos para a AELG, dirixidas ao profesorado da Primaria e a Secundaria e dedicadas nesta ocasión ás figuras de Xosé Mª Álvarez Blázquez e Agustín Fernández Paz. Foi unha alegría contar entre os participantes do primeiro día cun amigo e fabuloso orador (e blogueiro, e inconábeis […]

« Previous Entries Next Entries »

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08

  • Histórico