Archive for Decembro, 2007
« Previous EntriesCHOVE NA CORUÑA!!!
Martes, Decembro 25th, 2007
chuzame - Tarde en sociedade
Venres, Decembro 21st, 2007Onte fun co pelacho á presentación da Guía do ceo na FNAC e logo pasamos polo teatro Rosalía de Castro para gravar unhas imaxes do acto do centenario do Himno. De camiño para alá o pelacho preguntoume:
-Tú te sabes el himno nacional?
-Sei. Queres que cho cante?
-Sí, pero cántamelo en castelán, por favor.
-Non, fillo, o himno galego está en galego, non en castelán. Queres que cho cante?
-Sí, canta.
Entón cantei e cando rematei pregunteille:
-Que che parece? Gostas?
-Duró exactamente dos minutos, treinta y ocho segundos y ochenta y seis lo que sean.
-Son centéseimas, pelacho, son centésimas.
chuzame - Mari.veh, a nai do Darío, estreou blogue
Xoves, Decembro 20th, 2007Arte contemporánea, arte non contemporánea, beleza e xenio do sur.
chuzame - Conferencia sobre princesas
Sábado, Decembro 15th, 2007
chuzame - A voltas cos Reis… de novo
Sábado, Decembro 15th, 2007Entrabamos nun centro comercial de xoguetes para tomar notas para a carta máis importante do ano e cruzámonos cunha morea de xente xa de volta. O pelacho sen ollar para ninguén pensou en alto:
-Mira cuánta gente que viene de comprar los regalos de Reis.
Como eran na súa maioría pais e nais acompañando os seus nenos vinme obrigada a tirar partido da feliz coincidencia e dixen tamén sen ollar para el:
-Nooooon, non ves que sae todo o mundo coas mans baleiras? Veñen mirar xoguetes para logo escribir as súas cartas, coma nós.
E aí quedou a cousa... por esta vez.
chuzame - « Previous Entries








