« In media res | Home | Quen serán e que farán? »
Cousa linda
By Tati Mancebo | decembro 12, 2007
O pelacho apareceume na sala cando eu pensaba que debía estar case durmido.
-Mamá, tengo que decirte una cosa importante. Es que últimamente tengo miedo, tengo muchísimo miedo y no me lo puedo quitar.
-E non será polos Pokemon ou por algunha outra cousa da tele?
-No, yo sé de qué es y no es de los Pokemon. Es de Harry Potter, por aquel libro que salía volando. ¡Flaca, flaca, flaca! Y no me lo puedo quitar de la cabeza. ¡ES INOLVIDABLE!
-Meu pobriño! Sabes o que tes que facer para esquecelo? Pensar noutra cousa. Se simplemente tentas non pensar en algo só vas conseguir pensar niso, todo o tempo; mais, se escolles algo que che guste moito ou che traia bos recordos, entón esquecerás o que non queres lembrar e durmirás tranquilo. Podes pensar, por exemplo en Coroso, no ben que o pasas alí. Lembras? Cando nadabas cos teu manguitos, cando faciamos castelos de area ou cando ías pescar. Podes pensar niso.
-Se me ocurre otra cosa. Dixo, mostrando o seu gran sorriso. Puedo pensar... en ti!
Entón comino enteiro.
chúzame -








decembro 12th, 2007 at 9:25 am
Que rico!!!!!!!!!!!!!
decembro 12th, 2007 at 10:22 am
Si, si, e non sería unha treta para conseguir algo?
decembro 12th, 2007 at 11:44 am
XDDDDDD Esta vez creo que non porque, inusitadamente, nada pediu logo de dicir iso.
decembro 12th, 2007 at 7:54 pm
e se cho puxesen con prebe, mollabamos todos o pan
decembro 13th, 2007 at 10:55 pm
Cousas así aledan o día máis amargo que poida haber.
Gústame o novo deseño da páxina.
decembro 14th, 2007 at 2:26 pm
Estou por lles pedir aos reis este ano un pelacho dese modelo.
