« Mari.veh, a nai do Darío, estreou blogue | Home | CHOVE NA CORUÑA!!! »
Tarde en sociedade
By Leco | Decembro 21, 2007
Onte fun co pelacho á presentación da Guía do ceo na FNAC e logo pasamos polo teatro Rosalía de Castro para gravar unhas imaxes do acto do centenario do Himno. De camiño para alá o pelacho preguntoume:
-Tú te sabes el himno nacional?
-Sei. Queres que cho cante?
-Sí, pero cántamelo en castelán, por favor.
-Non, fillo, o himno galego está en galego, non en castelán. Queres que cho cante?
-Sí, canta.
Entón cantei e cando rematei pregunteille:
-Que che parece? Gostas?
-Duró exactamente dos minutos, treinta y ocho segundos y ochenta y seis lo que sean.
-Son centéseimas, pelacho, son centésimas.
chuzame -








Decembro 22nd, 2007 at 4:13 pm
Felices festas!
Decembro 24th, 2007 at 3:36 pm
Boas festas para a cantante, o Levantador de minas e os Pelachos.