Archive for Decembro, 2007
« Previous Entries Next Entries »Quen serán e que farán?
Mércores, Decembro 12th, 2007Sala de exposicións da Universidade de Xaén. Iso é todo o que sei. Cheguei até aquí a través dunha web (e a ela a través doutra) onde se recompilan emisións en directo de unha morea de webcams repartidas por todo o mundo (ningunha galega e, por unha banda case me alegro aínda que se as cousas fosen doutro modo, non debería). Chamoume a atención esta pola curiosidade que me picou por saber se estes parvuliños XL saberán que están a ser observados e tamén por saber o que están a facer. Semella un artista a traballar (o da esquerda, ou case vou dicir o de claro por se trocan posicións) acompañado por un deses colegas dispoñibilizábeis para todo tipo de eventualidades.
chuzame - Cousa linda
Mércores, Decembro 12th, 2007O pelacho apareceume na sala cando eu pensaba que debía estar case durmido.
-Mamá, tengo que decirte una cosa importante. Es que últimamente tengo miedo, tengo muchísimo miedo y no me lo puedo quitar.
-E non será polos Pokemon ou por algunha outra cousa da tele?
-No, yo sé de qué es y no es de los Pokemon. Es de Harry Potter, por aquel libro que salía volando. ¡Flaca, flaca, flaca! Y no me lo puedo quitar de la cabeza. ¡ES INOLVIDABLE!
-Meu pobriño! Sabes o que tes que facer para esquecelo? Pensar noutra cousa. Se simplemente tentas non pensar en algo só vas conseguir pensar niso, todo o tempo; mais, se escolles algo que che guste moito ou che traia bos recordos, entón esquecerás o que non queres lembrar e durmirás tranquilo. Podes pensar, por exemplo en Coroso, no ben que o pasas alí. Lembras? Cando nadabas cos teu manguitos, cando faciamos castelos de area ou cando ías pescar. Podes pensar niso.
-Se me ocurre otra cosa. Dixo, mostrando o seu gran sorriso. Puedo pensar... en ti!
Entón comino enteiro.
chuzame - In media res
Sábado, Decembro 8th, 2007-¿Por qué tenemos que comer todos los días?
chuzame - Ciclos
Sábado, Decembro 8th, 2007A prima P. ten moito co pelacho. Son igual de activos, de terremotos, de cariñosos, de impredicíbes, de inconscientes. Os dous abriron a cabeza dunha caída, os dous son comedores voraces... Seguro que a Tía T. me lembra moitas máis cousas en que coinciden. E tamén nas anécdotas. Esta era a do pelacho no verán de 2005 e isto o que dixo a prima P. o outro día:
A prima P. levaba uns días a facer demandas nun ton unha miga displicente e empregando o menor número de palabras posíbel. Pediu auga cun lacónico bisílabo e a continuación solicitou:
-¡Pajita!
Seu pai, o tío D., reprendeuna:
-A ver, dilo bien, P.
E ela rectificou:
-¡PA-JI-TA!
chuzame - Santoral
Xoves, Decembro 6th, 2007-Estamos haciendo un cocodrilo en clase y va a ser para ti cuando lo acabe.
-E tamén para papá, non?
-Mmmm... ¿Cuándo es Santa Madre?
chuzame - « Previous Entries Next Entries »







