« CHOVE NA CORUÑA!!! | Home | Novas tecnoloxías »
2008
By Tati Mancebo | xaneiro 1, 2008
Malia non ser o planeado pasámolo realmente ben. Xogamos un Monopoli e unhas partidas ás cartas dos peixes para facermos tempo até a cea e tomamos as uvas os catro xuntos. O pelacho, como o ano pasado, comeunas todas en tempo. A pelacha dixo que non as quería pero axudou a sacar as pebides das do pelacho. Cando entramos no novo ano abrazámonos todos e enchémonos de beixos. Hoxe comeza un novo ano, dixemos eufóricos, e a pelacha preguntou: -Para mí también? Entonces eso quiere decir que estoy de cumpleaños?
Hoxe erguémonos todos arredor das doce. En canto estiveron listos o papá e a pelacha marcharon á aldea, como facemos todos os anos, a xantar coa bisavoa Obdulia, os tíos Jesús e Eva e os avós da Coruña. O pelacho e mais eu ficamos este ano na casa. Voltaremos todos nun par de semanas.
Está a ser este un Nadal un bocado atípico. Por unha banda estamos cargadísimos de traballo, que semella que non nos vai deixar tempo para nada máis, e por outra teño a sensación de que estamos a desfrutalo a tope e a facermos moitas cousas.
O outro día pasamos a mañá na piscina. A pelacha non lembraba como era e preguntou un cento de veces pola area do fondo. Ao final ficoulle claro que nas piscinas non hai area, que iso é cousa da praia. A ver se imos un día destes catar a pista de xeo tamén.
A avoa C. sempre ten un ovo Kinder para os netos. O pasado día dos Inocentes descubriron unha sorpresa diferente das habituais: uns atoparon olivas e outros allos nos seus ovos, coreados entanto os abrían con sonoros INOCENTE, INOCENTE! por parte dos adultos. O pelacho ficou fascinado e divertido e, para satisfacer a súa curiosidade preguntou: -Pero abuela, ¿Cómo has conseguido recrear el huevo?
chúzame -
Topics: Pelachos, Tía T., avoa C., mamá, papá, prima P., primo, tío D. |








xaneiro 1st, 2008 at 6:18 pm
A febre vai desaparecendo na casa dos tíos e hoxe soamente a prima P. ten que tomar Dalsy (para ela o Apiretal tamén é Dalsy, pero que sabe mal).
Onte tamén o pasamos moi ben pero botamos de menos á familia pelacha. Para o ano que vén comemos as uvas xuntos!!! Biquiños.
xaneiro 1st, 2008 at 8:00 pm
vaia coa varicela! pero vexo que o pasaron ben de todas formas, así que só me resta desexarlles un excelente ano 2008 a todos os da casa dos pelachos.
xaneiro 1st, 2008 at 9:41 pm
A pelacha non fai anos hoxe, pero disque algún outro membro da familia si. Ou alomenos iso di o Facebook. Parabéns!
E que o pobre pelacho cure logo, que ainda lembro o moito que pica a varicela.
Que teñades todos na familia un bo ano
xaneiro 1st, 2008 at 9:43 pm
Igualmente para todos!
O do facebook non é correcto, eu fago anos en agosto
xaneiro 2nd, 2008 at 12:56 am
Feliz ano cun día máis!
xaneiro 2nd, 2008 at 5:07 pm
#4 mentirooooosa!
cambia o Facebook, logo
(e conste que xa sospeitei da data, que moitas veces e a que a parece por defecto nos formularios)
xaneiro 3rd, 2008 at 7:11 pm
Meu avó aínda me merca un ovo kinder á semana, cada domingo.
(teño 23 anos, por se alguén se fai algunha pregunta, pero gústame o chocolate como se tivese 5).
Feliz 2008!