Archive for Febreiro, 2008
« Previous EntriesUn soño
Venres, Febreiro 29th, 2008No meu soño eu saía da casa unha mañá anubada cos pelachos, para levalos ao colexio. Vinme de súpeto puxando por unha bicicleta en cuxa roda traseira ían sentados os meus fillos. Custábame traballo avanzar porque os meus pés, abrigados por unhas deportivas vellas, esvaraban na terra sequísima. Ademais, a diabólica bicicleta estaba construída por barras encartábeis como as das tendas de campaña e escangallábase tan pronto como apartaba a vista dela. A expresión divertida dos rapaces non reflectía a miña preocupación mais eu había tempo que sabía que non dariamos chegado ao noso destino. Entón o sol asomou entre un feixe de nubes e sentín que a solución ao problema non estaba no lugar máis obvio senón na nosa casa, que eu estaba a soñar e que me había deixar guiar por Oneirós. E xa estaba de volta. A casa estaba en silencio e ás escuras, como manda a noite. A bicicleta desapareceu de contado e con ela os pelachos. E eu, descalza e en pixama, saía do baño para o corredor. Comprobei que os pelachos estaban a durmir pracidamente nos seus cuartos e voltei feliz para cama a continuar a soñar dentro do meu soño.
chuzame - Proposta de tertulia
Luns, Febreiro 25th, 2008Sen maior pretensión que pasar o tempo de forma divertida, ficades convidados os amigos desta casa a conversar animadamente sobre o debate televisivo entre Zapatero e Rajoy que terá lugar hoxe ás 22:00 na caixa de chat que acabo de habilitar na coluna dereita do blogue.
Saúde!
chuzame - Reflexións de carro
Venres, Febreiro 22nd, 2008-Cuando sea adolescente... haré un viaje. Juntaré todo mi dinero y me iré a viajar. Hoy aquí, mañana allí. Llegaré a un sitio y buscaré un trabajo, luego me iré a otro y buscaré otro trabajo para poder seguir viajando. Pero tendré que ir a sitios donde sirva nuestro dinero.
E o que até ese momento era un monólogo interior, que tomara ao asalto a voz do pelacho, deveu en diálogo.
-Mamá, En París puedo utilizar nuestro dinero?
-Podes, pelacho, podes.
chuzame - Cousas que nos pasan polo menos unha vez na vida
Luns, Febreiro 18th, 2008A pelacha acaba de caer da cama e non se decatou de nada.
chuzame - Aumenta o premio de ACoruñaSon
Xoves, Febreiro 14th, 2008
ACoruñaSon vai aproximadamente polo ecuador da súa fase de concurso e xa ten máis de 50.000 visitas, 300 usuarios rexistrados e sobre 30 cancións en galego a concurso. Estamos moi contentos cos resultados até agora. E aínda está en tempo, quen se queira presentar, de subir as súas cancións até o 5 de marzo.
Desde onte ademais, froito dun acordo entre a Concellaría de Cultura da Coruña e o IGAEM, os 10 seleccionados finais, ademais de asistiren a un obradoiro de composición e gravar un disco colectivo, entrarán a formar parte da Rede de Música ao Vivo con dous concertos cada un.
E imos avisando xa, que os interesados en asistir ao obradoiro como oíntes só terán que preinscribirse no enderezo de correo que se fornecerá na web nos próximos días.
chuzame - « Previous Entries







