« Grandes preguntas | Home | Xa hai gañadores/as de ACoruñaSon »
Verdade ou consecuencia
By Tati Mancebo | Marzo 6, 2008
-Mamá, puedes venir un momento, que no puedo dormir?
-Que querías, pelacho.
-¿Qué significa poner los cuernos?
-Mmmm, imaxina que, sen lle eu dicir nada a papá, me vise con outro home por aí ás agachadas enos abrazásemos e nos beixásemos. Cres que papá gostaría?
-No le gustaría.
-Ou ao revés, que o fixese el.
-A ti no te gustaría.
-Non. Pois iso é o que chaman poñer os cornos.
-¿Entonces qué significa que te pongan los dedos así detrás de la cabeza?
-Pois iso que che estou a explicar. Pero é só unha maneira de falar, non hai cornos de verdade.
-Es que… yo creo que estoy haciendo un poco… algo… eso de poner los cuernos…
-E logo?
-Es que yo antes estaba enamorado de Victoria pero ahora me gusta muchísimo más Laura y entonces creo que estoy haciendo eso de poner los cuernos.
-Mmmm, vamos ver: ti chegaches a dicirlle a Victoria que che gustaba?
-Nooooooo!!!!!!
-E ela díxoche a ti se lle gustabas ou díxoche alguén que ela dixera que lle gustabas?
-Non, tampouco.
-Entón non hai cornos, meu pelacho, porque vós non tedes ningún pacto. Simplemente antes gostabas dunha rapaza e agora gostas de outra, nada máis.
-No es así, en realidad me gustan mucho las dos pero ahora más Laura.
-Pois segue sen haber cornos, e porque che gusten dúas rapazas tampouco hai ningún problema. Arranxado?
-Si.
-Pois até mañaniña, que durmas moi ben.
-Te quiero mucho mamá.
-Eu a ti tamén, pelachiño.
-Aunque creo que quiero un poco más a papá… porque con eĺ hago algunas cosas que no hago contigo… pero sólo un poquito, eh!
Entón lembrei a resposta que lle dera o papá nunha ocasión similar en que era el o que ficaba relegado ao segundo posto das querencias e díxenlle en ton burlón.
-Non te preocupes, eu tamén quero un pouquiño máis a pelacha. Pero só un pouquiño, eh. Porque ela me fai máis caso cando lle digo as cousas. Pero cada un é como é, tampouco hai ningún problema con iso.
-Huy!!!!! Qué tontería más grande acabo de decir, verdad?
E xa non se precisaron máis respostas esa noite.
Topics: mamá, pelacho | 2 Comments »
Marzo 6th, 2008 at 11:33 p.m.
Vese que anda a voltas con esas cousas porque o outro día, sen vir a conto, sentenciou cun «he decidido que no quiero tener esposa».
Marzo 11th, 2008 at 12:34 a.m.
Si, dixo que preferiría vivir só