« Xa hai gañadores/as de ACoruñaSon | Home | O home do tempo da miña infancia »
O xiro postal, de Ousmane Sembéne
By Tati Mancebo | marzo 11, 2008
O vindeiro mércores 12 de marzo ás 20 horas na sala de prensa da Fundación Caixa Galicia da Coruña (no edificio dos Cantóns) preséntase o libro O xiro postal, de Ousmane Sembène.
Acabo de rematar de ler O xiro postal, por recomendación de Martin Pawley, bo amigo e epiloguista da novela. Gostei inmenso, porque é a primeira historia sobre negros, si, é unha novela sobre negros, que leo escrita por un negro que, ademais non ten interese ningún por ser branco porque iso non fai sentido que marque ningunha direfenza, o asume con perfecta naturalidade.
O xiro postal xira arredor de como as dificultades burocráticas dun cidadán de segunda se entrecruzan cos principios éticos e o que dirán. O feito de que non sintamos simpatía algunha polo protagonista non evita que a empatía ou compaixón cara a situacións polas que ninguén debera pasar se apodere de nós nas páxinas finais.
Adubada cunha riqueza lingüistica que reflicte unha tradución moi eficiente, este localista xogo de voces da rúa convertido en novela podería trasvasarse a unha aldea galega de hai non tantos anos e ninguén diría que non fora escrita por un branco.
Un novo tesouro que Rinoceronte Editora saca á luz. E como sei que hai un feixe de mestres que seguen este blogue, gostaría de dicirlles que é un estupendo relato en todos os sentidos para os rapaces que teñen nas aulas. A min teríame encantado se o tivese pillado aos quince ou aos dezaseis.
Topics: leco | 4 Comments »


marzo 12th, 2008 at 10:59 pm
na nossa escola já o mercamos; e algumhas já o lemos…: http://africakasumai.blogspot.com/
marzo 13th, 2008 at 11:06 am
Hei, que guai!!! Moitas grazas polo vídeo!
marzo 22nd, 2008 at 6:45 pm
tomo nota!
maio 11th, 2008 at 12:29 am
proba