O pelacho naceu en 2000, a pelacha en 2004, o primo J. en 2002, a prima P. en 2004 e o primo Jj. en 2007.

Archive for Abril, 2008

« Previous Entries

A idade é un grao

Mércores, Abril 30th, 2008

O avó J, que sempre inventa mil e unha historias para os pelachos, preguntoulles hoxe por enredar: -A ver, si viniese un genio y os concediese un deseo qué pediríais? Pensadlo bien porque sólo podéis pedir una cosa cada uno. A ver, Prima P, ¿qué le pedirías tú? -¡Yo le pediría ir a Coroso! -¿Y […]

Por fin casa nova!

Domingo, Abril 27th, 2008

Por fin! Aínda non é a definitiva, senón un piso a estrear que nos prestou a miña madriña e que está a 5 m. do noso. A min case me parecía recochineo ver a obra inconclusa da nosa nova morada desde a xanela da sala pero o papá opina que así podemos controlar calquera pequena […]

A pelacha ao acordar unha mañá…

Domingo, Abril 13th, 2008

-Tuve un sueño… que quería soñar pero este dedo (agarrando un polegar) no me dejaba… y todos los demás querían soñar… pero este no quería!

A permanencia da estela

Mércores, Abril 9th, 2008

O papá sacou a pelacha da ducha envolta nunha toalla moi vella porque todas as demais estaban para secar. A pelacha estrañouse moitísimo, tan como é, de verse cuberta por tal cerello: -¿De quién es esta toalla! -De San Pedro! Díxolle o papá, que non a daba axeitado para secala e vestila. -¿Es la toalla […]

Seguranza na estrada

Martes, Abril 8th, 2008

Acababa de dicirlles que tiñan que ir ben sentados cada un no seu asento porque ante un accidente as consecuencias podían ser moi diferentes. Entón a pelacha preguntou: -¿Pero verdad que si vas conduciento y echas un arroto no pasa nada?

« Previous Entries

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08

  • Histórico