E dixo o pelacho: -Tengo tanta hambre… que me comería un bicho. -Unha vacaloura, por exemplo? -¡¡¡¡Nooooo!!!! Mejor uno que no tenga patas, ni ojos. -Ah, entón un verme! -¡¡¡¡Nooooooooooo!!!! ¡¡¡Mejor prefiero la vacaloura!!!

Archive for Abril, 2008

Next Entries »

A que si?

Luns, Abril 7th, 2008

-Mamá, ¿verdad que la electricidad se puede congelar?

Chuzame! chuzame -

A monte

Domingo, Abril 6th, 2008

Teño o blogue a monte como hai tempo que non o tiña. Foron estas unhas semanas de intenso traballo que non ten visos de reducirse mais hoxe teño que escribir algo xa e recuperar a miña leiriña.

 

Os pelachos medraron moitísimo ultimamente. O pelacho cateou tres esta avaliación porque segundo a profe "vai de sobrado" e non se dignou a responder as preguntas dos exames porque lle daba moita preguiza escribir as cousas que a profe xa sabía que sabía. A súa profesora tamén nos contou que andaba bastante descentrado e que, por exemplo, cada vez que ela mandaba algunha tarefa, o pelacho sempre preguntaba se era traballo voluntario. A verdade é que entre varicelas, otites, gripes e bronquilites os dous botaron practicamente os dous primeiros meses do ano en branco (a pelacha incluso máis) e simplemente houbo que axudalo a se enveredar de novo. Na casa tamén andaba moi desobediente e, como ademais lle facía moita falta mellorar a caligrafía e o cálculo, optamos por procurar non soltar broncas que só nos deixan mal corpo a nós e poñelo a escribir e a facer sumas e restas cada vez que desobedecese. É incríbel o que se pode mellorar nunhas semanas.

 

A pelacha está tremendamente espilida e presumida, todo o quere rosa, e da Barbie a poder ser. Onte fomos xantar á praia e ficamos abraiados da decisión con que se meteu unha e mil veces na auga, o que fai un ano! Actualmente anda moi preocupada coas idades relativas e coa morte, e a facer experimentos do tipo deixar de respirar, a ver que pasa. Tamén está moi berrona e se lle pides que fale máis baixo diche: -¡Es que yo hablo así!

 

Sobre ACoruñaSon escribirei outro día mais, por se non chego a poñerme, só direi que foi un soño cumprido: tanto por sacar adiante un proxecto en que criamos, como por ver que somos quen de facelo mesmo relaxadamente, como por traballar con Santiago, quen tiñamos por un gran artista e agora tamén por unha gran persoa e un novo amigo, e con quen xa sabemos que seguiremos a colaborar en novos proxectos e en novas vertentes de vellos proxectos.

 

Quería darlle as grazas ao Dorfun polas cousas tan chulas que acaba de facer cos meus poemas. Rematei libro recentemente e enviéillelo aos amigos para que o lese quen lle apetecer. Non o enviei a ningún concurso nin fixen ningún esforzo por que fose publicado en papel; como o amigo Alcalá, penso que o futuro da transmisión da poesía está na Rede e aquí é onde me apetece experimentar con el por ver onde chega e se hai a quen lle suxira algo: novos poemas ou calquera tipo de montaxe co seu contido. Dorfun foi o primeiro e fíxome moitísima ilusión. É probábel que outro poema sexa utilizado por unha banda do país para facer unha canción, xa darei noticia se finalmente se animan. NósQuen, que así se titula o libro, estará proximamente n'A Regueifa (en canto teña un tempiño para retocar o formato) mais se alguén dos que estades a ler isto queredes botarlle unha ollada só tedes que pedirmo ao enderezo de correo que que vedes aí arriba.

Chuzame! chuzame -
Next Entries »

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08




  • O que ando a ler

    Planned books:

    Current books:

    • Mil mesetas

      Mil mesetas by Gilles Deleuze e Felix Guattari

    • Book of Longing

      Book of Longing by Leonard Cohen

    • Historia de la fealdad

      Historia de la fealdad by Umberto Eco

    • Historia de la locura

      Historia de la locura by M. Foucault

    • Cuentos Completos

      Cuentos Completos by Truman Capote

    Recent books:

    View full Library

  • Arquivos

  • Semente

    • Any Feed Reader