Archive for Maio, 2008
Linguas francas
Domingo, Maio 4th, 2008Esta finde estivemos na Feira de Emprendedoras de EMEGA cun stand. Houbo pouquísima xente mais unha parella de visitantes duns cincuenta anos pararon ante a miña mesa e o home preguntoume a que nos dedicabamos:
Eu: Somos unha empresa de xestión cultural a través das novas...
Muller lixeiramente irritada: ¡En español nos entendemos todos mucho mejor!
Eu afábel: Non
Muller máis irritada a elevar a voz: Sí, porque los que venimos de fuera...
Eu afábel: Los que venimos de fuera podemos ser un poco más educados al decirlo porque los que venimos de dentro no tenemos por qué saber quiénes son los que vienen de fuera.
Muller irritada con ton de superioridade: En español no hay problema ninguno porque nos entendemos todos muchísimo mejor.
Eu afábel: Mira, no tengo ganas ningunas de discutir cuestiones lingüísticas así que, si os interesa os cuento lo que hacemos en esta empresa y si no podéis seguir con vuestro paseo tranquilamente.
Saíron a fume de carozo coa súa anécdota baixo o brazo e, como a estas horas xa estarán de volta na casa, teralles faltado tempo para contarlle a toda a familia que os galegos somos uns integristas radicais, que aquí non se fala outra cousa que galego e que non nos importa que a xente non nos entenda. Mágoa que isto non sirva para nada.
chuzame - 






