O pelacho naceu en 2000, a pelacha en 2004, o primo J. en 2002, a prima P. en 2004 e o primo Jj. en 2007.

Archive for Maio, 2008

Sobiza

Sábado, Maio 24th, 2008

A pelacha teima en afirmar que a filla de Wendy, na segunda parte de Peter Pan, se chama Sobiza. Non sabemos de onde o sacou mais insiste e insiste por máis que todos os demais lle digamos que se chama Jane. Tanto porfía que a anécdota xa é motivo de broma entre os primos. O […]

Pelachadas de fóra

Luns, Maio 19th, 2008

O amigo Miriño mándame dúas pelachadas ben simpáticas: Chovendo. -Mamá que é iso que levan os coches nos cristais que se moven? -Son os limpaparabrisas. -Mamá… pois estanme saudando!!! Unha nena que fai que fala polo teléfono. O avó quítallo e ponse a falar el Con cara de extrañada: -Abuelo, que ese teléfono non funciona!

Símil

Xoves, Maio 15th, 2008

Mami, mira qué manos tan frías. Están tan frías como un gigante deitado tomando el sol en las nubes, verdad?

Linguas francas

Domingo, Maio 4th, 2008

Esta finde estivemos na Feira de Emprendedoras de EMEGA cun stand. Houbo pouquísima xente mais unha parella de visitantes duns cincuenta anos pararon ante a miña mesa e o home preguntoume a que nos dedicabamos: Eu: Somos unha empresa de xestión cultural a través das novas… Muller lixeiramente irritada: ¡En español nos entendemos todos mucho […]

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08

  • Histórico