O pelacho naceu en 2000, a pelacha en 2004, o primo J. en 2002, a prima P. en 2004 e o primo Jj. en 2007.

« | Home | »

Nin de política, nin de fútbol, nin de relixión

By Tati Mancebo | Outubro 5, 2009

O pelacho acaba de cumprir 9 anos e ten algunhas ideas bastante claras polo momento. O luns pasado foi co seu pai á presentación do libro 10 experimentos con pelos, que edita a nosa amiga Nati. Unha adulta preguntoulle como se chamaba e díxolle:

-Pues yo me llamo Laura y estoy de santo porque hoy es el día de los arcángeles, así que tú también estás de santo.

-Es que yo no soy religioso.

-Pero aun así te pueden interesar estas cosas.

-Es que yo me río en la cara de Dios.

-Pues si te crees que te voy a reír la gracia estás muy equivocado.

De volta na casa dixémoslle que nos parecera unha saída moi simpática pero que hai xente relixiosa que se ofende cando non se toman en serio as súas crenzas. Tamén lle dixemos que ás veces pagaba a pena non irritar os demais, aínda que algunhas persoas non se molestasen en facer o mesmo, con máis frecuencia os relixiosos que os ateos, e que en certos temas podía resultar máis cómodo non entrar en moitos detalles con xente que non coñecemos demasiado.

Topics: pelacho, Pelachos | 4 Comments »

4 Responses to “Nin de política, nin de fútbol, nin de relixión”

  1. mergullador Says:
    Outubro 26th, 2009 at 9:17 a.m.

    La verdad es que esto de los pelachos es cada vez menos creible y tiene menos gracia. “Es que yo me rio en la cara de Dios” no es algo expontaneo en un niño de 9 años.
    Lo que más me molesta no es la respuesta del niño porque evidentemente repite algo que escuchó; sin embargo, la explicación final sólo demuestra la gran falta de respeto hacia los demás (especialmente a la gente con principios que tanto os irrita), en que se está educando a la sociedad futura y que, con seguridad, no son los valores en los que fueron educado los padres de los pelachos. Seguramente será algún tipo de efecto péndulo.
    A veces uno escucha cosas que hace que se eche las manos a la cabeza.

  2. Tati Mancebo Says:
    Outubro 28th, 2009 at 10:11 p.m.

    Punto por punto:
    A valoración de credibilidade e graza é unha cuestión subxectiva, e a primeira precisaría ser fundamentada.
    A anécdota foi exactamente como a contei. Sempre conto as cousas tal como foron.
    Curiosamente o neno non repite o que escoitou, os primeiros sorprendidos fomos nós.
    A explicación final demostra respecto polos demais aínda que non pensen coma nós.
    Os que mandan neste país de cuxa sociedade con frecuencia nos avergoñamos son os criados neses principios que a persoa autora do comentario defende e que, algúns deles, non coinciden cos nosos.
    Os pais dos pelachos foron educados no respecto e na liberdade de pensar que as verdades absolutas son escasas e que se pode estar en desacordo, mesmo coa maioría, sen sentir odio polos que non pensan coma nós nin empeñarse en limitar as súas liberdades individuais.
    Aínda non consigo entender por que bota as mans á cabeza.

  3. marcos Says:
    Outubro 29th, 2009 at 11:38 a.m.

    debe ser calvo, chega o inverno

  4. silvia Says:
    Marzo 6th, 2010 at 10:05 a.m.

    Só quería dicirlle a Mergullador que eu son nai dunha nena de 7 anos que,ás veces, ten saídas dese tipo, e que os nenos, aparte de pensar por si mesmos, tamén saben repetir cousas que NON escoitan na casa, xa que non viven aillados.
    En canto ó título do post, fíxome gracia, xa que no meu fogar conviven varias relixións, e sempre se nos dixo que á mesa ou nunha reunión social eses son os 3 temas intocables se queres que a xente o pase ben, por non falar de que é de mala educación sacar temas”que pican” cando sabes que cada un ha ter unha opinión distinta(que xa nos está afectando a cultura do reality e de “ir coa verdade por diante” e todas isas papanatadas.)

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08

  • Histórico