E dixo o pelacho: -Tengo tanta hambre… que me comería un bicho. -Unha vacaloura, por exemplo? -¡¡¡¡Nooooo!!!! Mejor uno que no tenga patas, ni ojos. -Ah, entón un verme! -¡¡¡¡Nooooooooooo!!!! ¡¡¡Mejor prefiero la vacaloura!!!

mamá

« Previous Entries

Verdade ou consecuencia

xoves, marzo 6th, 2008

-Mamá, puedes venir un momento, que no puedo dormir?

-Que querías, pelacho.

-¿Qué significa poner los cuernos?

-Mmmm, imaxina que, sen lle eu dicir nada a papá,  me vise con outro home por aí ás agachadas enos abrazásemos e nos beixásemos. Cres que papá gostaría?

-No le gustaría.

-Ou ao revés, que o fixese el.

-A ti no te gustaría.

-Non. Pois iso é o que chaman poñer os cornos.

-¿Entonces qué significa que te pongan los dedos así detrás de la cabeza?

-Pois iso que che estou a explicar. Pero é só unha maneira de falar, non hai cornos de verdade.

-Es que... yo creo que estoy haciendo un poco... algo... eso de poner los cuernos...

-E logo?

-Es que yo antes estaba enamorado de Victoria pero ahora me gusta muchísimo más Laura y entonces creo que estoy haciendo eso de poner los cuernos.

-Mmmm, vamos ver: ti chegaches a dicirlle a Victoria que che gustaba?

-Nooooooo!!!!!!

-E ela díxoche a ti se lle gustabas  ou díxoche alguén que ela dixera que lle gustabas?

-Non, tampouco.

-Entón non hai cornos, meu pelacho, porque vós non tedes ningún pacto. Simplemente antes gostabas dunha rapaza e agora gostas de outra, nada máis.

-No es así, en realidad me gustan mucho las dos pero ahora más Laura.

-Pois segue sen haber cornos, e porque che gusten dúas rapazas tampouco hai ningún problema. Arranxado?

-Si.

-Pois até mañaniña, que durmas moi ben.

-Te quiero mucho mamá.

-Eu a ti tamén, pelachiño.

-Aunque creo que quiero un poco más a papá... porque con eĺ hago algunas cosas que no hago contigo... pero sólo un poquito, eh!

Entón lembrei a resposta que lle dera o papá nunha ocasión similar en que era el o que ficaba relegado ao segundo posto das querencias e díxenlle en ton burlón.

-Non te preocupes, eu tamén quero un pouquiño máis a pelacha. Pero só un pouquiño, eh. Porque ela me fai máis caso cando lle digo as cousas. Pero cada un é como é, tampouco hai ningún problema con iso.

-Huy!!!!! Qué tontería más grande acabo de decir, verdad?

E xa non se precisaron máis respostas esa noite.

Chuzame! chuzame -

BERRAR e FALAR ALTO

martes, xaneiro 8th, 2008

Ás sete da tarde tiñamos unha reunión de traballo na Rede que duraría 30' entón fixemos un pacto cos pelachos, que xogarían coas novidades que os Reis deixaran para eles (éxitos e fracasos de que espero falar nos próximos días) onte e que non berrarían nin rifarían mentres durase a reunión.
Non nos deramos nin conta de que o pelacho andaba a berros cos Power Rangers Ninja Mystic Storm, ou algo así, que son un prodixio de enxeñaría, dito sexa de paso. De feito o pacto incluía os berros só para que non discutisen nin se amolasen mutuamente como fan ás veces, especialmente cando andamos acupados noutras cousas. Pois foi entón cando sentimos a pelacha polo corredor a berrido limpo:
-¡¡¡MAMÁ, PAPÁ, PELACHO GRITÓ!!!!
E deulle tempo a repetir o alarido unhas cantas veces até que chegou a nós.
-Pelacha, así que vés acusar o pelacho pero ti vés berrando tamén.
-NO, YO NO. YO SÓLO ESTOY HABLANDO ALTO. ¿NO VAIS A CASTIGAR AL PELACHO POR GRITAR?
-Pois non, ímoste castigar a ti por chiveta. Hala, de primeira á ducha!
-NOOOOOOOOOOOOOOOOOOO!!!!
E foi!

Chuzame! chuzame -

Novas tecnoloxías

mércores, xaneiro 2nd, 2008

O pelacho reclámame que lle deixo o ordenador menos do que el querería. Argumento que as teclas do portátil sofren moito cos xogos e que é a miña ferramenta de traballo, ademais para xogar xa están a DS e a Play aínda que, iso si, bastante racionadas. Pero preséntolle unha proposta: poderá usar máis o ordenador se accede a utilizalo para outras cousas e acepta encantado. Aproveitando que pasamos o día os dous sós na casa, dedicamos un tempo a aprender algunhas cousas: ábrolle unha conta de correo electrónico en Gmail e a partir de aí propóñome e cumpro totalmente a intención de non tocar unha tecla e que sexa el que vaia facendo todo seguindo as miñas indicacións. Entón crea unha carpeta no escritorio, que decide chamar "aron", carga a tarxeta da súa cámara no lector, conecta o lector ao portátil, descarga as fotos e borra as que saíron mal facendo unha selección múltipla. Despois minimiza a carpeta e abre o navegador. Accede á súa conta, crea un aálbum de Picasa e descarga as súas fotos (de cinco en cinco porque, como estamos traballando desde Linux non temos o cargador para facelo todo de contado). Estaba comezando a engadir títulos ás fotos, do estilo de "perro amigo" ou "exposición de setas" cando chegaron o papá e a pelacha da aldea e o labor foi adiado.
Fiquei francamente perplexa do ben e o rápido que asimilou todo. Non creo que sexa algo excepcional, desde logo, mais estes cativos do S. XXI nacen entre máquinas e resúltalles absolutamente natural pasar dunhas a outras con flexibilidade.

A pelacha veu durmindo todo o camiño de volta e esa foi a razón para que non conseguise encetar o sono nocturno con facilidade, malia ter ido para a cama despois das once. Foi despois de facernos ir onda ela a contarlle un conto, a cantarlle unha canción, a convencela de que non había nada na cama que a puidese pinchar, a levarlle o seu coxín da Barbie e a darlle un vaso de auga, que adormeceu de puro esgotamento. A ver a que hora acordan mañá.

Chuzame! chuzame -

2008

martes, xaneiro 1st, 2008
peixe do pelachoXa está aquí. Os plans eran pasarmos a derradeira noite do ano en casa dos avós mais o pelacho amañeceu coa varicela onte, coas lavercas como dicía a tataravoa, na casa da tía T. visitou a febre ao tío D. ao primo J. e á prima P., así que finalmente nós ceamos na nosa casa e os tíos na súa cos avós, que viven ao carón.
Malia non ser o planeado pasámolo realmente ben. Xogamos un Monopoli e unhas partidas ás cartas dos peixes para facermos tempo até a cea e tomamos as uvas os catro xuntos. O pelacho, como o ano pasado, comeunas todas en tempo. A pelacha dixo que non as quería pero axudou a sacar as pebides das do pelacho. Cando entramos no novo ano abrazámonos todos e enchémonos de beixos. Hoxe comeza un novo ano, dixemos eufóricos, e a pelacha preguntou: -Para mí también? Entonces eso quiere decir que estoy de cumpleaños?
Hoxe erguémonos todos arredor das doce. En canto estiveron listos o papá e a pelacha marcharon á aldea, como facemos todos os anos, a xantar coa bisavoa Obdulia, os tíos Jesús e Eva e os avós da Coruña. O pelacho e mais eu ficamos este ano na casa. Voltaremos todos nun par de semanas.
Está a ser este un Nadal un bocado atípico. Por unha banda estamos cargadísimos de traballo, que semella que non nos vai deixar tempo para nada máis, e por outra teño a sensación de que estamos a desfrutalo a tope e a facermos moitas cousas.
O outro día pasamos a mañá na piscina. A pelacha non lembraba como era e preguntou un cento de veces pola area do fondo. Ao final ficoulle claro que nas piscinas non hai area, que iso é cousa da praia. A ver se imos un día destes catar a pista de xeo tamén.

A avoa C. sempre ten un ovo Kinder para os netos. O pasado día dos Inocentes descubriron unha sorpresa diferente das habituais: uns atoparon olivas e outros allos nos seus ovos, coreados entanto os abrían con sonoros INOCENTE, INOCENTE! por parte dos adultos. O pelacho ficou fascinado e divertido e, para satisfacer a súa curiosidade preguntou: -Pero abuela, ¿Cómo has conseguido recrear el huevo?

Chuzame! chuzame -

Tarde en sociedade

venres, decembro 21st, 2007

Onte fun co pelacho á presentación da Guía do ceo na FNAC e logo pasamos polo teatro Rosalía de Castro para gravar unhas imaxes do acto do centenario do Himno. De camiño para alá o pelacho preguntoume:

-Tú te sabes el himno nacional?

-Sei. Queres que cho cante?

-Sí, pero cántamelo en castelán, por favor.

-Non, fillo, o himno galego está en galego, non en castelán. Queres que cho cante?

-Sí, canta.

Entón cantei e cando rematei pregunteille:

-Que che parece? Gostas?

-Duró exactamente dos minutos, treinta y ocho segundos y ochenta y seis lo que sean.

-Son centéseimas, pelacho, son centésimas.

Chuzame! chuzame -
« Previous Entries

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08




  • O que ando a ler

    Planeados:

    Actuais:

    • Mil mesetas

      Mil mesetas de Gilles Deleuze e Felix Guattari

    • Book of Longing

      Book of Longing de Leonard Cohen

    • Historia de la fealdad

      Historia de la fealdad de Umberto Eco

    • Historia de la locura

      Historia de la locura de M. Foucault

    • Cuentos Completos

      Cuentos Completos de Truman Capote

    Recentes:

    View full Library

  • Arquivos

  • Semente

    • Any Feed Reader