O pelacho naceu en 2000, a pelacha en 2004, o primo J. en 2002, a prima P. en 2004 e o primo Jj. en 2007.

pelacha

« Previous Entries

Escolas filosóficas

Martes, Xullo 7th, 2009

Acabamos de voltar de pasar uns días de cámping en Portugal. Ao pelacho pouco lle vimos o pelo porque andou todo o tempo á vontade cos seus amigos portugueses. A pelacha fixo un amigo inolvidábel, Iván. Correron e xogaron xuntos entre gargalladas e aloumiños intermineis. A pelacha agarrábao con frecuencia e lembráballe o simpático que […]

Ego te nomino

Xoves, Novembro 27th, 2008

A pelacha ficou hoxe na casa con tose e moitos mocos. -Mamá, como se chama a Pantera Rosa? Pero de nome, eh.

Ser a pelacha

Domingo, Novembro 23rd, 2008

Cando me dei conta de que acababa de rabuñala nunha perna coa cremalleira do pantalón puxen cara de dor e vin que comezaba a chorar. Non tiña nada na perna. -Hala, que xa che pasou. Non foi nada. -Ti tiñas que ser eu, para que viras todo o que me doeu. (Si, si, así en […]

Non vexo eu a diferenza

Domingo, Novembro 9th, 2008

O venres foi o aniversario do primo J. e os tíos levaron os pelachos e os primos a un centro comercial para merendar e ver unha peli. Cando chegaron a casa comezou a relatar a pelacha o que fixeran. -Primero fuimos a merendar a BurguerKing y luego fuimos al cine. -No fuimos a BurguerKing, fuimos […]

Primeiro día de piscina

Xoves, Outubro 2nd, 2008

Prima P.- la pelacha no quería meter los pies en la piscina. Eu.- Por que non querías meter os pés na piscina? Pelacha.- Pues porque la piscina no tenía fondo.

« Previous Entries

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08

  • Histórico