O pelacho naceu en 2000, a pelacha en 2004, o primo J. en 2002, a prima P. en 2004 e o primo Jj. en 2007.

prima

Sobiza

sábado, maio 24th, 2008

A pelacha teima en afirmar que a filla de Wendy, na segunda parte de Peter Pan, se chama Sobiza. Non sabemos de onde o sacou mais insiste e insiste por máis que todos os demais lle digamos que se chama Jane. Tanto porfía que a anécdota xa é motivo de broma entre os primos. O outro día, logo duns minutos sobre a irresolúbel cuestión a prima P. díxolle:

-A ver, pelacha, un concurso. Si aciertas te doy una gominola. ¿Cómo se llama la hija de Wendy?

-Jane!

Entón a prima P. obsequiouna cunha gominola imaxinaria que a pelacha recolleu e degustou imaxinariamente tamén. Mais aos cinco minutos a filla de Wendy chamábase Sobiza de novo.

Chuzame! chúzame -

Santiago Auserón e outras cousiñas

domingo, outubro 21st, 2007

O meu último post é de martes, desde entón moitas cousas aconteceron, como non podía ser doutro modo nunha semana tan longa, porque estou por asegurar que esta tivo polo menos oito ou nove días: o avó seguiu co seu lumbago mais comezou a mellorar milagrosamente cando o convencemos da necesidade de tomar antinflamatorios. Repite connosco, dixémoslle, se volvo ter lumbago tomarei a medicina desde o primeiro día. O parto inducido da tía T. foi longo e laborioso porque resultou que non estaba de 41 semanas senón de 37 e o novo pelachiño non quería saír. A tía ficou esgotada mais recuperouse rápido e o novo primo pasou un par de días na incubadora porque tragou líquido. A súa vitalidade e o desespero por xantar a todas horas fixeron que desde onte xa estean todos na casa.

A pelacha púxose moi pocha o xoves e diagnosticáronlle unha forte larinxite que debe ser tratada con oito días de antibióticos: vomitou varias veces, durmiu mal e andou moi desganada durante un par de días, mais hoxe xa pasou o día sen febre. Os avós da Coruña pensaban levar os dous de camping a Malpica esta finde pero só o pelacho puido ir (apañou cogumelos, axudou o xuri no concurso de tartas e mil cousas máis); e a pelacha ficou con meus pais porque nós tiñamos que botar todo o sábado en Santiago: pola mañá nunha reunión de traballo e pola tarde para entrevistar o Santiago Auserón, irmos logo ao concerto ben acompañados e combinarmos de novo co rithm&blueseiro para cear xuntos e avanzar nos proxectos que nos unen e que esperamos poder anunciar en breve.

Ao saírmos da casa decatámonos de que non levabamos as entradas e houbemos de dar volta. Ao chegar a Santiago reparamos que deixaramos a cámara de vídeo na casa. Respiramos profundo e Alfredo ficou na reunión mentres eu voltaba por ela a Coruña. Quixen de paso mercar Gramática do Silencio para llo regalármonos ao Santiago pero o Suso devolvera o libro o día anterior.

Xantamos, preparamos a entrevista, que aínda levabamos sen acabar de concretar, e chegou o momento. A partir de aí todo rodou: o Pawley apareceu a tempo co libro, fixemos a entrevista, asistimos a un concerto inesquecíbel, con mil persoas en pé a corearen as sintonías do imaxinario común, talladas e brunidas pola cada día mellor e máis experiente voz do "Can" e unha orquestra de músicos moi novos manexada polas mans labradas do mestre Enric Palomar.

Ceamos acompañados pola boa conversa que non se despediu até as cinco da mañá, cando apañamos a autoestrada de volta. No peto, unha entrevista que publicaremos n'O levantador de minas nos próximos días, os oídos aínda tocados, mais nunca arrepentidos, polos efectos da amplificación na primeira fila e os ecos amábeis e ridentes de tan cálida tertulia: literatura, tradición, jazz, Heráclito, África, Radio Futura, Galdós, Mingus, os nosos pelachiños, Ellington, Ibn Arabi, Pessoa, Coltrane, Menéndez Pidal, Caetano Veloso, Juan Perro, Mesopotamia, Panero, Baptista, Judá Leví, Tolstoi: o futuro máis próximo e o pasado máis remoto. Unha noite para lembrar.

Actualizado: esquecera dicir que foi toda unha alegria atoparmos a Jan e a Moralla, esta última sentada xusto ao noso carón.

Chuzame! chúzame -

De pezoñas e outros males

martes, agosto 28th, 2007

Logo de xantar, a avoa C. púxome ao día sobre os aconteceres da mañá cunha seriedade pouco habitual nela (previamente xa me contara que a pelacha arrincara Blutak da parede do cuarto dos xoguetes para darllo a comer á prima P. como se fose chicle).

-A ver pelacha, cuéntale a mamá lo que le hiciste a la prima P.

-Le di blutak. Dixo toda seria, tamén.

-¿Y por qué le diste blutak? Preguntou a avoa aínda máis seria.
-Poque yo pensaba que era chicle pedo sólo eda veneno...

Chuzame! chúzame -

Aulas de anatomía pelacha

luns, maio 28th, 2007

A pelacha foi facer pis e aló foi a prima tamén. Cada vez se entenden mellor e rin máis cada unha coa outra. Esta foi a conversa entre ambas antes de saír do baño:

-Me pica la vaxina!
-Qué vaxina?
-Esta
-Huy, pobecita! Quieres que te rasque? Yo rasco muy bien
-Sí
O conto ficou aí mais hoxe pola mañá a prima díxolle ao seu papá:

-Me pica (a rañar unha perna)
O papá, lembrando o diálogo do outro día, preguntoulle:

-La vaxina?
-Nooooooo, yo no teno vaxina. Sólo la tiene la pelacha y le pica mucho!

Chuzame! chúzame -

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08




  • O que ando a ler

    Planeados:

    Actuais:

    • Mil mesetas

      Mil mesetas de Gilles Deleuze e Felix Guattari

    • Book of Longing

      Book of Longing de Leonard Cohen

    • Historia de la fealdad

      Historia de la fealdad de Umberto Eco

    • Historia de la locura

      Historia de la locura de M. Foucault

    • Cuentos Completos

      Cuentos Completos de Truman Capote

    Recentes:

    View full Library

  • Arquivos

  • Semente

    • Any Feed Reader