E dixo o pelacho: -Tengo tanta hambre… que me comería un bicho. -Unha vacaloura, por exemplo? -¡¡¡¡Nooooo!!!! Mejor uno que no tenga patas, ni ojos. -Ah, entón un verme! -¡¡¡¡Nooooooooooo!!!! ¡¡¡Mejor prefiero la vacaloura!!!

primo

« Previous Entries

A idade é un grao

Mércores, Abril 30th, 2008

O avó J, que sempre inventa mil e unha historias para os pelachos, preguntoulles hoxe por enredar:

-A ver, si viniese un genio y os concediese un deseo qué pediríais? Pensadlo bien porque sólo podéis pedir una cosa cada uno. A ver, Prima P, ¿qué le pedirías tú?

-¡Yo le pediría ir a Coroso!

-¿Y tú, pelacha, que le pedirías?

-¡Yo le pediría un disfraz de princesa con todo!

-Y tú, primo J, ¿qué le pedirías tú al genio?

-¡Pues ser un Harry Potter de verdad, con todos los poderes!

-Quedas tú, pelacho, ¿qué le pedirías al genio?

-Pues yo le pediría... que me concediese otros cinco deseos!

Chuzame! chuzame -

2008

Martes, Xaneiro 1st, 2008
peixe do pelachoXa está aquí. Os plans eran pasarmos a derradeira noite do ano en casa dos avós mais o pelacho amañeceu coa varicela onte, coas lavercas como dicía a tataravoa, na casa da tía T. visitou a febre ao tío D. ao primo J. e á prima P., así que finalmente nós ceamos na nosa casa e os tíos na súa cos avós, que viven ao carón.
Malia non ser o planeado pasámolo realmente ben. Xogamos un Monopoli e unhas partidas ás cartas dos peixes para facermos tempo até a cea e tomamos as uvas os catro xuntos. O pelacho, como o ano pasado, comeunas todas en tempo. A pelacha dixo que non as quería pero axudou a sacar as pebides das do pelacho. Cando entramos no novo ano abrazámonos todos e enchémonos de beixos. Hoxe comeza un novo ano, dixemos eufóricos, e a pelacha preguntou: -Para mí también? Entonces eso quiere decir que estoy de cumpleaños?
Hoxe erguémonos todos arredor das doce. En canto estiveron listos o papá e a pelacha marcharon á aldea, como facemos todos os anos, a xantar coa bisavoa Obdulia, os tíos Jesús e Eva e os avós da Coruña. O pelacho e mais eu ficamos este ano na casa. Voltaremos todos nun par de semanas.
Está a ser este un Nadal un bocado atípico. Por unha banda estamos cargadísimos de traballo, que semella que non nos vai deixar tempo para nada máis, e por outra teño a sensación de que estamos a desfrutalo a tope e a facermos moitas cousas.
O outro día pasamos a mañá na piscina. A pelacha non lembraba como era e preguntou un cento de veces pola area do fondo. Ao final ficoulle claro que nas piscinas non hai area, que iso é cousa da praia. A ver se imos un día destes catar a pista de xeo tamén.

A avoa C. sempre ten un ovo Kinder para os netos. O pasado día dos Inocentes descubriron unha sorpresa diferente das habituais: uns atoparon olivas e outros allos nos seus ovos, coreados entanto os abrían con sonoros INOCENTE, INOCENTE! por parte dos adultos. O pelacho ficou fascinado e divertido e, para satisfacer a súa curiosidade preguntou: -Pero abuela, ¿Cómo has conseguido recrear el huevo?

Chuzame! chuzame -

Atributos xenéticos

Mércores, Novembro 28th, 2007

A avoa C. leva e cabelo recollido nunha cola desde tempos inmemoriais. Os palachos, incluídos os primos, falan del como o "pompón". O outro día o primo J. preguntoulle á avoa:

-Abuela, ¿tú ya naciste con el pompón?

Chuzame! chuzame -

Santiago Auserón e outras cousiñas

Domingo, Outubro 21st, 2007

O meu último post é de martes, desde entón moitas cousas aconteceron, como non podía ser doutro modo nunha semana tan longa, porque estou por asegurar que esta tivo polo menos oito ou nove días: o avó seguiu co seu lumbago mais comezou a mellorar milagrosamente cando o convencemos da necesidade de tomar antinflamatorios. Repite connosco, dixémoslle, se volvo ter lumbago tomarei a medicina desde o primeiro día. O parto inducido da tía T. foi longo e laborioso porque resultou que non estaba de 41 semanas senón de 37 e o novo pelachiño non quería saír. A tía ficou esgotada mais recuperouse rápido e o novo primo pasou un par de días na incubadora porque tragou líquido. A súa vitalidade e o desespero por xantar a todas horas fixeron que desde onte xa estean todos na casa.

A pelacha púxose moi pocha o xoves e diagnosticáronlle unha forte larinxite que debe ser tratada con oito días de antibióticos: vomitou varias veces, durmiu mal e andou moi desganada durante un par de días, mais hoxe xa pasou o día sen febre. Os avós da Coruña pensaban levar os dous de camping a Malpica esta finde pero só o pelacho puido ir (apañou cogumelos, axudou o xuri no concurso de tartas e mil cousas máis); e a pelacha ficou con meus pais porque nós tiñamos que botar todo o sábado en Santiago: pola mañá nunha reunión de traballo e pola tarde para entrevistar o Santiago Auserón, irmos logo ao concerto ben acompañados e combinarmos de novo co rithm&blueseiro para cear xuntos e avanzar nos proxectos que nos unen e que esperamos poder anunciar en breve.

Ao saírmos da casa decatámonos de que non levabamos as entradas e houbemos de dar volta. Ao chegar a Santiago reparamos que deixaramos a cámara de vídeo na casa. Respiramos profundo e Alfredo ficou na reunión mentres eu voltaba por ela a Coruña. Quixen de paso mercar Gramática do Silencio para llo regalármonos ao Santiago pero o Suso devolvera o libro o día anterior.

Xantamos, preparamos a entrevista, que aínda levabamos sen acabar de concretar, e chegou o momento. A partir de aí todo rodou: o Pawley apareceu a tempo co libro, fixemos a entrevista, asistimos a un concerto inesquecíbel, con mil persoas en pé a corearen as sintonías do imaxinario común, talladas e brunidas pola cada día mellor e máis experiente voz do "Can" e unha orquestra de músicos moi novos manexada polas mans labradas do mestre Enric Palomar.

Ceamos acompañados pola boa conversa que non se despediu até as cinco da mañá, cando apañamos a autoestrada de volta. No peto, unha entrevista que publicaremos n'O levantador de minas nos próximos días, os oídos aínda tocados, mais nunca arrepentidos, polos efectos da amplificación na primeira fila e os ecos amábeis e ridentes de tan cálida tertulia: literatura, tradición, jazz, Heráclito, África, Radio Futura, Galdós, Mingus, os nosos pelachiños, Ellington, Ibn Arabi, Pessoa, Coltrane, Menéndez Pidal, Caetano Veloso, Juan Perro, Mesopotamia, Panero, Baptista, Judá Leví, Tolstoi: o futuro máis próximo e o pasado máis remoto. Unha noite para lembrar.

Actualizado: esquecera dicir que foi toda unha alegria atoparmos a Jan e a Moralla, esta última sentada xusto ao noso carón.

Chuzame! chuzame -

Linguas de nivel

Martes, Outubro 16th, 2007

Nestes momentos a tía T. ten parto programado para mañá ás oito da mañá, o primo J. pasará estes días connosco, a prima P. ten un gripazo con febre, o avó J. está na cama con lumbago. Seguimos en Coruña porque aínda non nos entregaron o piso no que habiamos de estar desde decembro do ano pasado, polo que continuamos a levar os pelachos e os primos todas as mañás a Arteixo. Ah, e tamén andamos a tope de traballo... pero con moita arte!

Os tres pelachos estaban a devorar a tortilla que lles fixeramos de cea (a pelacha con maionesa e ketchup, o primo sen nada e o pelacho con maionesa, ketchup e mostaza; el gosta moito de picante) e o pelacho díxolle ao primo J.

-Para poder tomar esto (sinalando insistentemente a mostaza) hay que tener una lengua de nivel dos!!

Eu saín ás carreiras escachando coa risa para a cociña, tanto pola saída do pelacho como polo crédito que lle mereceu ao primo J. Será que teñen as linguas clasificadas de vello.

Chuzame! chuzame -
« Previous Entries

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08




  • O que ando a ler

    Planned books:

    Current books:

    • Mil mesetas

      Mil mesetas by Gilles Deleuze e Felix Guattari

    • Book of Longing

      Book of Longing by Leonard Cohen

    • Historia de la fealdad

      Historia de la fealdad by Umberto Eco

    • Historia de la locura

      Historia de la locura by M. Foucault

    • Cuentos Completos

      Cuentos Completos by Truman Capote

    Recent books:

    View full Library

  • Arquivos

  • Semente

    • Any Feed Reader