primo
« Previous Entries Next Entries »Un inocente xogo
Domingo, Setembro 30th, 2007
Contoume a Tía T. que o outro día, de camiño para o cole cos catro cativos no carro, a ringleira da pelacha e a prima P. parecía Playhouse Disney, polas conversas que levaban, e que a do pelacho e o primo J. semellaba Jetix, pois non deixaban de guerrear representando mil e unha identidades Pokemon. Nesas andaban cando a tía T. lles pediu que acougasen un chisco. O pelacho entón propúxolle un novo xogo ao primo J.: Xogarían a ver quen aguantaba un minuto enteiro sen falar. O primo J. despistouse e falou antes de tempo mais aínda así:
-Pelacho, me ha gustado mucho este juego.
-Sí, está muy bien... a mi profe de inglés también le gusta mucho...
chuzame - Un día completo
Mércores, Setembro 5th, 2007A pelacha leva tres visitas ao médico nos últimos catro días porque non lle dá baixado a febre que, disque, se debe a un virus rabudo. Hoxe atendeunos en urxencias un doutor que xa viu os pelachos en moitas outras ocasións e aproveitei para darlle as grazas por animarme a deixar de fumar hai xa uns seis meses. Cadrou que foi o empurrón que me faltaba naquel momento e fíxoseme patente que os consellos moitas veces non serven de nada e algunhas veces o son todo para dar un paso. Pensei que lle alegraría sabelo e así era. Contoume o caso dunha rapaza que coñecía había anos. Rematara unha licenciatura en Literatura e ofrecéranlle un posto nunha escola, mais estaba tentada a rexeitalo porque era moi tímida e non se vía quen de afrontar o día a día cos cativos. Seica el soubo dos seus medos e foi onda ela para a convencer de que nese posto estaban o seu futuro e a súa felicidade. Dixo que aínda agora, moito tempo despois de aquilo, recibe anualmente unha carta da rapaza porque gosta de lembrar o que fixo por ela e para poñelo ao tanto da súa vida.
Cando voltamos do médico díxenlle ao pelacho. Sabes, había na sala de espera un neno de nove anos que era loiro, tiña lentes, non paraba de moverse e bater o chan cos pés, falaba como unha metralladora, gostaba de palabras como "minúsculo", non tiña gana de que comezase o novo curso, era un fanático dos Pokemon e dos videoxogos e facíalle trampas á súa nai xogando a "piedra, papel, tijera" porque cando ela dicía papel, este neno contratacaba con papeleira que, dicía, comía o papel. Se non fose porque tiña nove anos en lugar de case sete e que este se chamaba Nacho, a quen dirías ti que se parecía? A estas alturas o pelacho xa non daba parado de rir e contestou todo satisfeito que se parecía a el.
Pola tarde ficaron na casa o papá e a pelacha, moi ronchiña ela e empeñada en que baixo ningún concepto lle retirásemos o esparadrapo que lle deixaran logo do pinchazo para as análises, e eu saín co pelacho para a Fnac, á presentación do libro de M. Núñez Centella, Esta es mi gente, que xa tiñamos porque nolo regalara o noso bo amigo Pawley. Ao pelacho pareceulle aburrida porque tiña os ollos e os miolos postos nos tebeos que habiamos de mirar despois, na procura de algún tesouro mais eu paseino moi ben.
Foi unha dobre alegría atopar a Ghanito entre o público, amais de Descalza e Irene, porque, ademais de que, aínda que coñecéndonos pouco, é unha desas persoas que transmite alegría sempre que o vexo, botamos man dos seus coñecementos sobre banda deseñada para que aconsellase o pelacho. Procuramos sen éxito algún número de Bone e ao final o pelacho inclinouse por un moi chulo de Pucca, con deseños e letras moi grandes.
Enfiando o camiño de volta decateime de que o pelacho nunca fora en bus e apañamos o 2 na Praza de Ourense que, en cinco minutos nos deixou case diante da casa, para sorpresa do neousuario.
Ao chegar atopei un correo da tía T. que ainda me fixo rir un bocado:
"Viendo rezar a Blancanieves:
Prima P: Por qué habla con la ventana?
Tía T: No está hablando con la ventana, está rezando
Primo J: Y qué es rezar?
Tía T: Es hablar con Dios
Primo J: Ah, como los dioses que aparecen en (no recuerdo qué dibujos animados me dijo)
Primo J: Y los dioses son estrellas fugaces?
Tía T: No
Primo J: Pero están en el cielo
Tía T: Sí
Primo J: Y las personas saben que están en el cielo?
Tía T: Bueno, algunas personas creen que existen y otras creen que no
Primo J: Y tú crees que existen?
Tía T: Sí, yo sí
Primo J: Yo también. Y alguno de tus compañeros del cole cree que no existen? (a tía T. é profe)
Tía T: Pues me imagino. Papá por ejemplo no cree que exista Dios
Primo J: (pensativo) Él se lo pierde!"
chuzame - Piedra, papel, tijera e todo o que se nos ocorra…
Martes, Agosto 28th, 2007O pelacho e o primo J. estaban a xogar a piedra, papel, tijera. Cando xa levaban unhas cantas partidas...
-¡Tijera! Dixo J. primeiro.
-¡Bazooka! Dixo o pelacho, con todos os dedos da man a medio abrir, como unha pouta. ¡Y mi bazooka gana a tu tijera!
Seguinte partida:
-¡Bazooka! Dixo J. triunfante
O pelacho, co dedo como o Colón da estatua, dixo máis triunfante, se cabe:
-¡Destornillador! ¡Que desmonta tu bazooka!
Foi a derradeira partida do día. A carreira armamentística está aberta.
chuzame - A guerra é a guerra!
Xoves, Agosto 23rd, 2007
O primo J. xogando ás batallas:
-Ríndete, canarias!
chuzame - Unha do primo J. e súa nai
Xoves, Xullo 19th, 2007-El capitán Garfio es un capitán y le tiene miedo al cocodrilo! Dixo o primo J. a rir burlón.
-Es que el cocodrilo es mucho cocodrilo! dixo súa nai.
E rematou o primo J.
-...Y el capitán... poco capitán!
chuzame - « Previous Entries Next Entries »








