tío D.
2008
martes, xaneiro 1st, 2008Malia non ser o planeado pasámolo realmente ben. Xogamos un Monopoli e unhas partidas ás cartas dos peixes para facermos tempo até a cea e tomamos as uvas os catro xuntos. O pelacho, como o ano pasado, comeunas todas en tempo. A pelacha dixo que non as quería pero axudou a sacar as pebides das do pelacho. Cando entramos no novo ano abrazámonos todos e enchémonos de beixos. Hoxe comeza un novo ano, dixemos eufóricos, e a pelacha preguntou: -Para mí también? Entonces eso quiere decir que estoy de cumpleaños?
Hoxe erguémonos todos arredor das doce. En canto estiveron listos o papá e a pelacha marcharon á aldea, como facemos todos os anos, a xantar coa bisavoa Obdulia, os tíos Jesús e Eva e os avós da Coruña. O pelacho e mais eu ficamos este ano na casa. Voltaremos todos nun par de semanas.
Está a ser este un Nadal un bocado atípico. Por unha banda estamos cargadísimos de traballo, que semella que non nos vai deixar tempo para nada máis, e por outra teño a sensación de que estamos a desfrutalo a tope e a facermos moitas cousas.
O outro día pasamos a mañá na piscina. A pelacha non lembraba como era e preguntou un cento de veces pola area do fondo. Ao final ficoulle claro que nas piscinas non hai area, que iso é cousa da praia. A ver se imos un día destes catar a pista de xeo tamén.
A avoa C. sempre ten un ovo Kinder para os netos. O pasado día dos Inocentes descubriron unha sorpresa diferente das habituais: uns atoparon olivas e outros allos nos seus ovos, coreados entanto os abrían con sonoros INOCENTE, INOCENTE! por parte dos adultos. O pelacho ficou fascinado e divertido e, para satisfacer a súa curiosidade preguntou: -Pero abuela, ¿Cómo has conseguido recrear el huevo?
Ciclos
sábado, decembro 8th, 2007A prima P. ten moito co pelacho. Son igual de activos, de terremotos, de cariñosos, de impredicíbes, de inconscientes. Os dous abriron a cabeza dunha caída, os dous son comedores voraces... Seguro que a Tía T. me lembra moitas máis cousas en que coinciden. E tamén nas anécdotas. Esta era a do pelacho no verán de 2005 e isto o que dixo a prima P. o outro día:
A prima P. levaba uns días a facer demandas nun ton unha miga displicente e empregando o menor número de palabras posíbel. Pediu auga cun lacónico bisílabo e a continuación solicitou:
-¡Pajita!
Seu pai, o tío D., reprendeuna:
-A ver, dilo bien, P.
E ela rectificou:
-¡PA-JI-TA!
