O pelacho naceu en 2000, a pelacha en 2004, o primo J. en 2002, a prima P. en 2004 e o primo Jj. en 2007.

« | Home | »

112535216805074002

By Tati Mancebo | Agosto 29, 2005

Que gana tiña de vervos cando saín de traballar! e que tarde tan tranquila e animada pasamos na “pista”, que é como chama o pelacho á praza que temos ao lado da casa. Mentres eu xogaba aos cacharritos coa pelacha e outra nena que se nos animou, ti andache entre os outros cativos. Hoxe tocáronche máis pequenos a maioría pero dánseche ben, verdade? Ademais traías o minimonopatín que che regalaran os tíos e, como viche un par de nenos de uns 10 anos que tamén andaban cos seus, alí foche a unirte á festa. De primeiras riron un pouco da túa ocorrencia de te achegares a eles como un máis pero logo caeron na tentación de probar o teu patín a cambio dos seus, como xa ben aprendiche a negociar. Xa sabes o que é andar nun patín grande e é probável que che che regalemos un polo teu aniversario dentro de un par de semanas.
A pelacha estaba hoxe un pouco ronchiña, supoño que porque están a saírche os colmillos, e co tamaño das túas pezas, iso debe ser toda unha revolución dentro da boca. Cada vez gostas máis da canucha, e ela préstache cada vez máis atención porque a gañas a base de constancia a darlle mimiños. Ela gosta de che lamber a cara, e ti gostas e dache arrepío ao mesmo tempo; non todo e branco ou negro, como xa irás vendo, máis ben, case nada o é.
Agora estades os dous a durmir desde hai un bon pedazo e papá xa logo ha chegar. O primeiro que fai sempre ao entrar é darvos un beixiño e amañarvos a roupa da cama e entón eu sempre suspiro.

Topics: Sen clasificar | Comentarios desactivados en 112535216805074002

Comments are closed.

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08

  • Histórico