O pelacho naceu en 2000, a pelacha en 2004, o primo J. en 2002, a prima P. en 2004 e o primo Jj. en 2007.

« | Home | »

112543290407749936

By Tati Mancebo | Agosto 30, 2005

Efectivamente a pelacha xa ten o seu primeiro colmillo. Pobriña, que lata lle levan dado os dentes, e os que lle quedan… Hoxe tivo a primeira caída considerável da súa vida: foise apoiar na saia dunha mesa camilla que non era a superficie dura e consistente que ela esperaba e foi coa meixela contra unha das patas da mesa. O resultado foi unha rabuñada pequena, un susto grande e un pouco Traumel, que todo o cura. Que todos sexan como este. Como aínda teño restos do lumbago destes días, aproveito cando estou convosco nas casas dos avós para non facer moitas cabriolas e son eles ou os tíos os que andan contigo como a túa sombra nas túas carreiras por toda a casa. Pois hoxe, con todo o que che gusta andar, houbo un momento en que viñeche a min e pedícheme colo. Estou certa de que foi por estar comigo un bocadiño e fíxome moitísima ilusión.
O pelacho tiña o día un pouco retador, diría eu… quedache sen conto na cama porque preferiche saírte coa túa e lamber o prato para arrepañar todo o mollo de vez. Tomáchelo con deportividade porque sabías a consecuencia e nin sequera te preocupache de facelo cando eu non miraba. Despois da cea lemos unha miga no silabario. Hoxe aprendiche o s de sapo e sorprendeute moiti ser quen de ler unha frase tan complicada como ese sapo se asoma. Comento con Pawley que estou a escribir as vosas anécdotas e lémbrame un par delas que non debo esquecer: a primeira aconteceu nun día que estabas tan roncha á hora da cea, con tanto sono, de comezache unha serie de preguntas do tipo “por que” tan longa que ao final patinache e acabache preguntando: “Por que nunca me dejas tomar el postre cuando estoy tomando el postre?” todo cabreado. A segunda foi unha das túas primeiras reflexións existenciais espontáneas. Despois de pasar unha tarde inolvidável co teu amigo Álvaro (neste momento el ten 9 anos que, ao lado dos case cinco teus e unido ao moito que te quere, fai que o consideres un ídolo) dixeche que ti querías ser Álvaro e ademis outro neno ao mesmo tempo porque así, sendo dous á vez e un deles Álvaro, poderías xogar con Álvaro todo o tempo (sendo ti mesmo accedería a xogar contigo sempre que quixeses!). Acho que non deixa de ser unha versión do amigo imaxinario ese que aparece en todos os filmes ianquis con neno ou nena mais enunciado como desexo para que, en caso de ser, que sexa de verdade.
Isto lémbrame a unha tempada hai pouco tempo en que nos facías moitas preguntas sobre a morte e sobre cando había de morrer a xente que coñecías. Un día preguntáchenos se, en caso de morreres, sairía outro neno igual; literalmente dixeche “outro igual”, e claro, houbo que dicirche que non.

Topics: Sen clasificar | 2 Comments »

2 Responses to “112543290407749936”

  1. brigite bardotbbw Says:
    Xullo 26th, 2006 at 3:44 p.m.

    Ein Schloss, Ein poker Wurst, Ein Kopf !bbw

  2. Generic cialis. Says:
    Setembro 17th, 2007 at 10:07 p.m.

    Cialis….

    Cialis best price buy online….

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08

  • Histórico