O pelacho naceu en 2000, a pelacha en 2004, o primo J. en 2002, a prima P. en 2004 e o primo Jj. en 2007.

« | Home | »

COCHES DE CHOQUE E/OU TARTARUGA?

By Tati Mancebo | Abril 26, 2006

O domingo pasado combinamos con D., F. e S., que xa fixo un aniño, e vímonos nos xardíns de Méndez Núñez. Eles viñeron acompañados dos avós de S., que estaban a pasar unha tempada na Coruña.
Mentres ti andabas nos coches de choque os avós de S. mercaron globos para as pequenas. O da pelacha marchou polo ar arriba en cousa de dous minutos e foisubstituído por unha tartaruga de plástico chea de ar, non de helio esta vez.
Cando voltaches dos coches de choque:
-Oh, pelacha, ¿me prestas la tartaruga?
-Non!
-Anda, pelacha, déjamela un poquito.
-Non!
Entón, cinguíndote polos ombros, apartámonos dos mais e expliqueiche:
-Os avós de S. mercaron estas cousas para as nenas porque son pequenas. Ti xa tiveches moitos globos de cativiño.
-¿SÍ? Dixeches como sen lembrar o pasado tan próximo.
-Pois! Non houbo globo para ti porque pensamos que ti preferías os coches de choque… en cambio elas non poden montar nos coches.
-¿No?
-Non. Son demasiado pequenas. E ademais has de andar canto queiras coa tartaruga en canto a pelacha se farte dela.
-¿Sí? ¿Y cuánto…?
-En cinco minutos, xa verás.
-¿Sólo cinco minutos?
-Como moito! Enténdelo agora?
-¡Sí! Dixeches liberándote do meu brazo e botando a brincar como case sempre cando anda pola rúa.

Topics: Sen clasificar | Comentarios desactivados en COCHES DE CHOQUE E/OU TARTARUGA?

Comments are closed.

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08

  • Histórico