O pelacho naceu en 2000, a pelacha en 2004, o primo J. en 2002, a prima P. en 2004 e o primo Jj. en 2007.

« | Home | »

112672341249323502

By Tati Mancebo | Setembro 14, 2005

Síntome moi cansa e dóeme un pouco o colo de tantas horas de ordenador no traballo. Paréceme mentira ter gana de achegarme aínda ás teclas na casa pero é nestes momentos que lembro moitas cousas do día ou de outros días e reláxome moito, aínda que sexa diante do ordenador. Estamos a pasar unha semanas bastante duras que semellan non daren para nada. Papá entra esta semana ás seis da mañá e sae ás seis da tarde e, aínda que parece que así o día rende moito, non anda con moitas forzas, mais que polo cambio de ritmo, porque xa lle está a chegar a substitución do compañeiro nun posto que nada ten a ver co seu e ter a súa leiriña abandonada. Pola miña parte estamos a final de campaña e a cantidade de chamadas que atendo e o número de envíos que teño que preparar parecen non ter fin. A xente, mellor dito, moita xente, chama tarde facendo os seus encargos e aínda acaba sendo culpa nosa que non podan traballar en condicións… O caso é que por moito que te conciencies de que non hai que amargarase polo que non depende de unha, resulta bastante desagradável aturar neuras deste tipo. Eu sempre me consolo a pensar que esa xente leva con ela a peor parte, a que non lle poden pasar a ninguén e síntome realmente afortunada polo feliz que me fai a vida que escollín. Nunca me permitades botarvos nada en cara porque escollemos traervos ao mundo con toda a responsabilidade de que dispuñamos e sodes a nosa maior felicidade. Son cousas que nunca vos dicimos porque aínda sodes moi pequenos mais entre nós comentamos moitas veces o afortunados que nos sentimos. Escohotado díxonos unha vez que a fortuna só chega aos espíritos preparados mais tamén é certo que hai espíritos con moita preparación que non a chegan a ver. Somos realmente afortunados e moi felices.

Topics: Sen clasificar | 1 Comment »

One Response to “112672341249323502”

  1. fatality9amx Says:
    Xullo 26th, 2006 at 3:45 p.m.

    Geben mir bitte eine poker Brotchenamx

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08

  • Histórico