O pelacho naceu en 2000, a pelacha en 2004, o primo J. en 2002, a prima P. en 2004 e o primo Jj. en 2007.

« | Home | »

112742967679179857

By Tati Mancebo | Setembro 23, 2005

hoxe boto fume polas orellas. Así foi o día:
7:20.- Érgome e dúchome (hoxe, do almorzo xa nin falamos).
8:00.- Chamo o pelacho, axúdoo a se vestir, doulle o almorzo e saímos para o cole.
9:02.- Chego ao café acordado onde me reúno cos meus compis para ir a Castropol, onde temos reunión da delegación.
9:20.- Saímos.
Creo que 10:00.- Parada técnica en Vilalba co resto do equipo para tomar a tortilla no bar de sempre, que é un destes macronegocios familiares onde paran todas as excursións a repostar.
11:30.- Chegada a Castropol e comezo da reunión.
7:00.- final da reunión e saída de volta para casa.
8:45.- Chegada a Matogrande onde recollo o meu coche e vou buscar os pelachos a casa da avoa da Coruña, que xa lles dera a cea.
9:00.- Chegamos a casa no momento que están a timbrar na porta os amigos portugueses que esperabamos para dentro de dous días. Souberamos do adianto onte, que recibimos un imeil (gosto, imeil. Por que sempre nos esforzamos por conservar a grafía orixinal dos anglicismos coa pronuncia nosa, ou algunha convención estraña que dá en casos célebres como o feito que un pai chamado Kirk Duglas teña un fillo de nome Michael Daglas(Ou Maiquel :)). Vaia, dicía que onte recibimos un imeil escueto, como escueto e en case todo o amigo Amadeu, que chegaría 22 ou 23 “com a chavala que dorme comigo”. Á noite telefonou para dicir que chegaría a iso das 7:, hora en que habitualmente eu estou xa na casa, mais eu chegaba ás 9:00 (non me quero repetir mais tras un día esgotador con mareo de coche incluído; eu, que non sei como saben os chicles para o mareo, aínda que os tiña pedido moitas veces, teño que recoñecer). Chegaba ás 9:00 e alí estaban o Amadeu e a Encarnaçao, a timbrar na nosa porta. Non sei se mo dirían para alegrarme mais parece ser que acababan de chegar e non tiveran que agardar por nós.
Subimos a casa, servinlles unhas cervexas, deitei os pelachos e o amigo amávelmente, como todo fan os portugueses, obrigoume a facerlle un relato pormenorizado do que fora a nosa vida neses últimos seis anos que había que non nos viamos. Dsepois fíxeno pasar polo mesmo transo.
10:45.- Fágolles saber que a nosa neveira está máis baleira que a de Carpanta, que todás as materias susceptíveis de seren se encontran no conxelador e que eu non teño ánimos para cociñar. Podería encargar comida fóra pero non teño máis de 5 € no peto porque lle prestei os 100 € que tiña á empresa para non termos que ficar a lavar pratos no restaurante onde nos reunimos e, como tampouco me apetece pedirlles que a paguen eles, nin a eles se lles ocorre… pois déixoos marchar até mañá, que papá e a pelacha andarán con eles por aí mentres eu vou traballar e o pelacho ao cole.
10:30.- Falo con miña nai. Cóntolle do día e dígolle como facemos mañá cos nenos.
10:50.- Falo coa tía, que me mandou un sms dicindo que o primo xa non quere voltar á escola e que o van deixar sen ir este ano, que aínda non fai os tres até novembro e que ten moito tempo. Paréceme ben. Agora estamos coincidindo moi pouco pero entre o que nos informa a nosa nai e as chamadas que nos facemos creo que non nos estamos a perder nada.
11:10.- Falo co papá. Ambos acusamos o cansancio destas semanas. Ambos temos ganas de falar abrazados até ficar durmidos, Ambos temos ganas do fin de semana para estar convosco de outra maneira.
11:40.- Como unha galleta, fumo un cigarro de herbas, bebo unha CocaCola e sento ao ordenador a contarvos como foi o día. Neste momento estou a vervos moi maiores e sempre vos imaxino a rir. A risa é a expresión predominante nas vosas faces agora e gostarei de que o siga a ser por moito tempo.
12:30.- Chega papá e agora apagarei o ordenador.

Topics: Sen clasificar | Comentarios desactivados en 112742967679179857

Comments are closed.

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08

  • Histórico