O pelacho naceu en 2000, a pelacha en 2004, o primo J. en 2002, a prima P. en 2004 e o primo Jj. en 2007.

« | Home | »

112957973003467605

By Tati Mancebo | Outubro 17, 2005

Os pelachos estaban hoxe moi cansos e foron para a cama cedo. A pelacha non durmiu máis que media hora de sesta en todo o día. Hoxe saín de traballar ás tres, como todos os días de aquí a finais de ano, pasei pola casa recoller a cadela e chamei a minha sogra para saber se xa acordara da sesta: -non está a durmir, non. Non durmiu aínda. Está a quitar os calcetíns e a facer festa na cama porque quedou durmida pola mañá cando fomos ao súper e agora xa non ten sono. Entón funa recoller directamente antes de ir xantar a casa de meus pais, onde hoxe quedaba o pelacho. Os martes e xoves están os dous na casa dos avós paternos e xa os vexo xuntos cando chego. Venres están os dous na casa de meus pais e tamén os recollo xuntiños pero luns e mércores están cada un nunha casa e fáiseme moi raro telos separados até as seis da tarde polo menos, así que intentarei sempre recoller a pelacha antes de ir á outra casa.
Esta fin de semana ficamos a durmir na aldea de sábado para domingo. O tempo acompañounos porque practicamente non choveu e poidemos dar uns paseíños, xogar nas rándeas do campo da festa e ver as competicións de cabalos e cans na feira de turismo no recinto ferial de Silleda.
O pelacho non ten aínda moi claro o seu parentesco coa avoa de seu pai e insiste en chamala tía Obdulia cando anda atrás dela para que lle dea millo para botarlle ás galiñas ou para iren apañar os ovos varias veces ao día, por moito que ela lle explica que non poñen tantos como para andar todo o día a esculcar todos os recantos e esconderixos que artellan.
Como sempre ceamos ovos fritos con patacas e chourizos da casa con ese fantástico viño branco que lles saiu este ano. Chegamos cun gran bolo de nata para a sobremesa, que se xuntou ao de castañas e ao de couchos que xa fixeran a avoa a a bisavoa respectivamente. Couchos é como chaman as noces na zona de silleda, palabra que eu non escoitara antes na vida, como tampouco escoitara o verbo anegarse (que unha amiga de Lalín me di que debe ser variante do anicarse que din na súa terra) co significado de abaixarse, ou o substantivo chisgo (a tía Esperanza contaba un día de un que morrera calcinado na súa casa e quedara como un chisgo, tan pequeno que seguro que lle chegaría cun caixón de neno para o enterro, mais que o meteran nun grande igual).
A nós sentounos moi ben a escapada tamén, valeunos para desconectar dos cerellos laborais, que nestes días andan a comernos boa parte das enerxías; mais creo que algo imos aprendendo porque, se ben noutras ocasións temos notado, especialmente no pelacho, que se rebelaba a vernos falar de cousas que nada tiñan a ver con el, mostrándose tan rabudo como podía, nesta ocasión non batallou nada connosco.

Topics: Sen clasificar | 1 Comment »

One Response to “112957973003467605”

  1. MickeyRourkevbn Says:
    Xullo 25th, 2006 at 10:12 p.m.

    Ein Schloss, Ein poker Wurst, Ein Kopf !vbn

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08

  • Histórico