O pelacho naceu en 2000, a pelacha en 2004, o primo J. en 2002, a prima P. en 2004 e o primo Jj. en 2007.

« | Home | »

Segredos e videoxogos

By Tati Mancebo | Xullo 30, 2006

gossip.jpgO venres pasado marchamos para Coroso, luns de mañá para a aldea en festas e mércores voltamos para casa. Onte, venres de novo, marchamos para a praia outra vez coa idea de ficarmos até luns mais a chuvia tróuxonos de novo para Coruña despois do almorzo.

Un destes días que pasamos pola casa entre tantas idas e vindas petou á porta unha veciña coa intención de informarnos de que unha outra veciña, suspecta de apropiación indebida do pecunio comunitario, estaba libre de culpa, pois viña de preguntar no banco confidencialmente a un seu amigo se tiña retirado os fondos ou non. Por esta razón consideraba que a convocatoria de xuntanza veciñal carecía de sentido. Teño que dicir que aínda que captei á primeira todo o que me contou, non lle debeu parecer a miña actitude suficientemente empática porque entrou en bucle e contoume exactamente o mesmo catro veces seguidas entre o balbordo dos pelachos a xogaren no cuarto contiguo. Cando rematou o cuarto clon da historia orixinal reparou nos cativos: -¡Ah, que bonitos están lo niños! A ver, que os doy algo para que compréis caramelos. Dixo abrindo o bolso. Por manterme dentro dos patróns sociais deste tipo de situacións pedinlle con simpatía que non lles dese nada, que non era preciso e obviamente non me fixo nin caso. Tendeulle ao pelacho un billete de cinco € e este, recolléndoo sen dubidar preguntoulle: -¿No tienes uno de diez? es que es justo lo que me falta para comparme el juego de la DS que quería… -¿Qué es lo que dice? Preguntoume a veciña. -Nada, nada, que moitas grazas. Díxenlle eu acompañándoa á porta tratando de conseguir con amabilidade que se gardase de relatarme a historia do seu bo amigo do banco por quinta vez. Sen dúbida a parte que máis a satisfacía lembrar e escoitar en voz alta, máis incluso que facerma escoitar a min, era esa de: -A ver, Javier, hombre. A ver si me miras qué pasa aquí con el dinero. Que me han dicho que esta mujer lo ha estado retirando pero, si ni siquiera estaba casada con el que era presidente de la comunidad, que en paz descanse. Así que me extraña mucho que pueda haber estado haciendo eso.

Así que xa saben: desconfíen sempre do compromiso de confidencialidade dos bancos e, se non descartan algún día cometer un desfalco comunitario, casen coas súas parellas, se non o fixeron xa, cando as fagan ostentar a presidencia da comunidade de veciños.

Topics: Pelachos | 2 Comments »

2 Responses to “Segredos e videoxogos”

  1. Leco Says:
    Xullo 30th, 2006 at 12:32 a.m.

    Concurso para o Sr. Pawley: Terá idea de quen poden ser estas mulleres que teñen toda a pinta de viren dun filme?

  2. peke Says:
    Xullo 30th, 2006 at 6:19 p.m.

    En rpivado confesareiche que me dan auténtico repelús esas persoas que che contan o mesmo cinco veces seguidas. Uf!

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08

  • Histórico