O pelacho naceu en 2000, a pelacha en 2004, o primo J. en 2002, a prima P. en 2004 e o primo Jj. en 2007.

« | Home | »

Un momento calquera

By Tati Mancebo | Agosto 29, 2006

De cativa, eu sempre me preguntaba de que falarían meus pais cando nós estabamos durmidos.

Eran as dúas da mañá cando fomos para a cociña fumar un pitillo e tomar un chupito. Ademais da botella de ron, esta vez o papá trouxo tamén a de herbas.

-Lembro as primeiras queimadas que faciamos polas noites en Coroso cando adolescentes. Eu sempre pensaba, desde logo deixar de ser nena para ter que tomar esta porquería…

-Hahahaha. Pero a de herbas é máis suave, moito máis que o ron. Non a queres nin probar?

-Non me gusta nin crúa nin cocida. En realidade, o ron é o único licor de que gosto.

-Sabes, houbo unha época en que na miña casa o viño se bebía en cuncas de barro.

-Polas unllas ou polos pés has de dicir de quen es!

-Por que o dis?

-Porque iso tivo que ser idea de teu pai e aquí ese tipo de ideas son sempre túas.

-Cando vaiamos a Portugal de camping cos pelachos habemos de traer o típico cacharro de barro de asar os chourizos ao alcol, como o que teñen meus pais. Asarémolos un par de veces, os pelachos quedarán abraiados e…

-…acabará envolto en follas de xornal, como outras cousas que temos aí arriba…

-…e non se volverá usar na vida. Moi ben o paso contigo.

-Moi ben o pasamos, é verdade.

Topics: leco | 4 Comments »

4 Responses to “Un momento calquera”

  1. paideleo Says:
    Agosto 30th, 2006 at 12:52 p.m.

    Aquí queda gardado para o futuro.

  2. Leco Says:
    Agosto 30th, 2006 at 1:53 p.m.

    Esa é a idea 🙂

  3. X Says:
    Setembro 1st, 2006 at 10:21 a.m.

    Non hai nada máis auténtico que o próximo.

  4. caladinha Says:
    Setembro 1st, 2006 at 12:10 p.m.

    Antes de empapelado convidade unha tardiña, hehe.

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08

  • Histórico