O pelacho naceu en 2000, a pelacha en 2004, o primo J. en 2002, a prima P. en 2004 e o primo Jj. en 2007.

« | Home | »

Intimidade

By Tati Mancebo | Agosto 31, 2006

A pelacha fala cada día máis e ela mesma se sorprende de todas as cousas que xa sabe dicir… á súa maneira: gusta si, gusta non, afonfoz (albornoz), apavés (outra vez), vitido (vestido), tenda pampaña, pampin Toroso (cámping de Coroso) e todas as que agora non lembro.
Como anda á voltas cos antibióticos para curar unha otite ten pouca gana de comer e decidimos botar man do biberón ás ceas por uns días. Hoxe, cando llo ofrecín, porque prefire tomalo ela soa sentada no sofá, fiquei mirando para ela, contemplando a súa pericia. Entón parou en seco e espetoume:

-Monestes non!

-Está ben, dixen eu a rir, tómao ao teu aire, que xa marcho.

Topics: Pelachos | Comentarios desactivados en Intimidade

Comments are closed.

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08

  • Histórico