O pelacho naceu en 2000, a pelacha en 2004, o primo J. en 2002, a prima P. en 2004 e o primo Jj. en 2007.

« | Home | »

O que non se debe dicir

By Tati Mancebo | Setembro 21, 2006

mariobross.JPGO fontaneiro, de aproximadamente 1,50 m. de altura e expresión tremendamente agradábel, veu por segunda vez en poucos meses. Nesta ocasión acudía á nosa chamada para arranxar unha cisterna. Botou arredor de media hora fedellando acompañado pola intensa conversa do pelacho, que aproveitou para procurar solución a un feixe de dúbidas. Cando rematou o traballo, xa a piques de marchar, o pelacho preguntoulle:

-¿Como puedes ser tan pequeño si eres tan grande?

Tras un amplo sorriso o fontaneiro respondeu:

-Porque fun mal comedor. Como non comía non medrei. E marchou.
Cando lle explicamos que había cousas que non resultaba cortés dicir, o pelacho non comprendía como a alguén lle podía parecer mal que se lle falase do obvio*. Dixémoslle que ás veces a xente pode non estar satisfeita con como é entón é mellor non llo lembrar mais estamos certos de que non o convencemos.

*Acabo de facer unha procura no blog pensando que atoparía algo que, polo que se ve, non cheguei a postear. Haberá ano e medio que estabamos o pelacho e mais eu á entrada do colexio cando pasou ás carreiras o que en galego politicamente correcto se chamaría “unha muller de idade avanzada”. Cando máis preto de nós estaba o pelacho dixo a berros:

-¡¡Mira como corre esa vieja!!

-Non digas iso, non a chames vella. Dixen eu en voz baixiña.

-¡Pero es que es una vieja! Berrou de novo o pelacho.

-Si, pero habitualmente os vellos non gustan de que llelo chamen.

E unha vez máis:

-¿Y por que, si son viejos?

Topics: Pelachos | 6 Comments »

6 Responses to “O que non se debe dicir”

  1. Leco Says:
    Setembro 21st, 2006 at 2:25 a.m.

    Que pouca imaxinación me queda a estas horas da noite! E logo non tiven que pór “fontanero bajito” na procura de imaxes do guguel para caer na conta do máis obvio?

  2. paideleo Says:
    Setembro 21st, 2006 at 3:47 p.m.

    Eu coñezo unha nena que cando mirou un negro a primeira vez preguntoulla á súa nai que enfermidade tiña o home para ser negro. En fin…bendita inocencia.

  3. peke Says:
    Setembro 21st, 2006 at 5:37 p.m.

    Si bendita inocencia. Estou co pelacho, o obvio non tería por que molestar.

  4. Colectivo Sacou Says:
    Setembro 22nd, 2006 at 12:41 p.m.

    O COLECTIVO LITERARIO SACOU estrea web.

    Depois de 8 anos de existência, traslada agora a sua laboura mais efémera à rede.

    http://www.sacou.blogspot.com

    Desde onde se poderam lêr textos dos seus membros, opinións e actividades deste grupo literario pioneiro em Galiza.

  5. Marinha de Allegue Says:
    Setembro 22nd, 2006 at 2:48 p.m.

    Eu tamén estou co pelacho e con Peke, pero claro para quen é obvio…?

    Unha aperta para ti e para o pelacho
    🙂

  6. free roll poker tournament Says:
    Novembro 30th, 2006 at 2:14 a.m.

    world poker tournament …

    Dear poker tournament …

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08

  • Histórico