O pelacho naceu en 2000, a pelacha en 2004, o primo J. en 2002, a prima P. en 2004 e o primo Jj. en 2007.

« | Home | »

o día a día

By Tati Mancebo | Setembro 23, 2006

Estaban a pelacha e a prima P., que son inseparábeis e danse de marabilla , a xogaren a unha coa outra acompañadas do avó J. A prima P. deulle unha labazada á pelacha, que en resposta lle cascou con gana con Lupita a dos Lunis na cabeza á súa prima. A prima P. rañou a cabeza onde levara o lupitazo e non buchicou. Entón interveu o avó para dicirlle á prima P. que non se pega e para impedirllo se o volvía intentar. Ao ver que non tiña posibilidades de levantar a man de novo, ollou para a pelacha e díxolle a berrar: -FEA!!!!!!! Ao que a pelacha repuxo toda escandalizada: -P. chamó fea a min!!!!!!!

Topics: Pelachos | Comentarios desactivados en o día a día

Comments are closed.

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08

  • Histórico