O pelacho naceu en 2000, a pelacha en 2004, o primo J. en 2002, a prima P. en 2004 e o primo Jj. en 2007.

« | Home | »

In media res

By Tati Mancebo | Setembro 26, 2006

chines.gif-:( No sé leer.
-Estás aprendendo a ler, pelacho.

-¡Pe-ro-no-sé-le-er!

-Pero estás aprendendo.

-PE-RO-NO-SÉ-LE-ER… y no voy a aprender nunca.

-Como que non vas aprender nunca? Todo o mundo aprende a ler.

-Yo no.

-Ti estás afeito ás cousas que podes aprender nun momentiño ou nun día, pero a ler non se aprende nun día. Vaise aprendendo un pouquiño cada día e cando menos o esperes xa saberás ler todo o que se che poña por diante.

-Yo no voy a aprender nunca.

-De verdade cres iso?

-Es que no voy a aprender…

-Que si, home, que si! que non hai quen non aprenda a ler, aínda que non quixeses aprenderías igual.

-De verdad?

-Totalmente a serio! Dentro de pouco tempo farache moita graza o que agora pensas, xa verás!

Topics: Pelachos | 7 Comments »

7 Responses to “In media res”

  1. paideleo Says:
    Setembro 26th, 2006 at 8:23 p.m.

    Pensándoo ben debe de ser difícil aprender a ler. Agora non o recordamos pero no seu momento debeu de ser difícil.
    Un saúdo.

  2. Leco Says:
    Setembro 26th, 2006 at 8:44 p.m.

    Eu non lembro nada de como aprendín. Non sei se me foi fácil ou non.
    Bks e curta espera!

  3. O K Says:
    Setembro 29th, 2006 at 6:16 p.m.

    Hola, contovos algo que me pareceu moi “pelacheiro”
    hoxe no choio nun momento de parada ia ler como andaban os pelachos e trabuqueime e puxen no google “pelahcos” no canto de pelachos, e mira ti que vai google e dime “quiza quiso decir pelagicos”, e por un momento pensei que fora o pelacho e non google o que escribira aquilo.

    Un saudo

  4. leco Says:
    Setembro 29th, 2006 at 8:52 p.m.

    HAHAHAHAHA! Era capaz, era capaz!!!

  5. Marinha de Allegue Says:
    Setembro 30th, 2006 at 5:09 p.m.

    Co espabilado que é o pelacho aprende voando dillo da miña parte.

    Unha aperta para os dous.
    🙂

  6. SZ Says:
    Outubro 1st, 2006 at 7:58 p.m.

    eu aprendín xogando e lendo todo canto letreiro había pola rúa

  7. Leco Says:
    Outubro 2nd, 2006 at 12:42 a.m.

    Dígollo, dígollo, Marinha!
    Eu non lembro como aprendín a ler, nin se me foi fácil ou non. O que sei é que pasei o primeiro curso da Primaria sentada á mesa da profesora porque senón nin atendía nin deixaba atender os demais, e iso é algo parecido ao que lle pasa ao pelacho. Cústalle moito traballiño obedecer, mais en canto se dea conta de que en certas cousas non queda outra que pasar polo aro, certo que arrincará con rapidez 🙂

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08

  • Histórico