O pelacho naceu en 2000, a pelacha en 2004, o primo J. en 2002, a prima P. en 2004 e o primo Jj. en 2007.

« | Home | »

Tempo de paz, amor e…mentiras II

By Tati Mancebo | Novembro 27, 2006

bad-santa-claus2.jpgSábado pola tarde fun co pelacho ao Corte Inglés para trocar unha caixa de lapis que levaramos por erro pensando que eran acuarelábeis. Subimos de pasada á planta dos xoguetes para recoller o catálogo de Nadal e cruzámonos cun Papá Noel moi animado que andaba a berrar entre os cativos ofrecéndolles caramelos ao son da súa campá. O pelacho nin mirou para el. Cando marchabamos cara ás escaleiras mecánicas volvémonos dar de fuciños con el e o pelacho dedicoulle a mesma atención que primeira vez.

Unha vez fóra dos grandes almacéns non aguantei a curiosidade e pregunteille:

-Pelacho, quen estaba na planta dos xeguetes?

-Era Papá Noel… bueno, una persona vestida de Papá Noel. La primera vez que lo vi dudé pero la segunda xa me di cuenta de que era una persona disfrazada y no Papá Noel.

-Claro! Como ía andar Papá Noel por aí, por todas as partes, coa cantidade de traballo que ten nesta época, verdade?

-¡Claro!

Topics: pelacho, Pelachos | 3 Comments »

3 Responses to “Tempo de paz, amor e…mentiras II”

  1. ghanito Says:
    Novembro 29th, 2006 at 8:12 a.m.

    O pelacho é un crack. 😛

    ¿A quen sairía este rapaz? 😉

  2. Leco Says:
    Novembro 30th, 2006 at 12:50 a.m.

    Creo que nos supera a todos 🙂
    Por certo, coas présas destes días e nin che dera as grazas polas túas palabras no post do concurso. Eu opino o mesmo do teu e o meu voto telo desde xa (non que aínda non se pode, pero en canto se poida)
    Bks

  3. X Says:
    Decembro 9th, 2006 at 11:38 a.m.

    Vai para detective, encantoume esa sospeita inicial 😀

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08

  • Histórico