O pelacho naceu en 2000, a pelacha en 2004, o primo J. en 2002, a prima P. en 2004 e o primo Jj. en 2007.

« | Home | »

Onde nos vemos?

By Tati Mancebo | Xaneiro 28, 2007

Vía O Levantador de minas<Roger<Jorge Benedet<De Ugarte recibo o inquérito que me pide tres razóns para abandonar España. Malia que inmediatamente me veñen á cabeza unha morea de boas razóns para querer vivir noutros lugares, ao mesmo tempo non teño tentacións de marchar. A xente que quero é para min a primeira razón para vivir onde vivo aínda que teña que aturar:

-A corrupción sen límites que tendemos a aceptar como mal menor da democracia (non era precisamente un dos piares das ditaduras?), arexada sen pudor e case reclamada como mecanismo para que todo funcione.

-A amargura de moitas persoas que con frecuencia as leva a causaren mal a outras, sobre todo cando estas últimas resultan ser “pringadas anónimas”.

Tantas leis. Ao meu fillo de seis anos non lle colle na cabeza como hai tantas cousas que son obrigatorias ou que están prohibidas, e a min tampouco. Como coas tradicións, en moitos casos bastou unha escusa para establecelas e, por moitos anos que teñan pasado e por moito que teñan mudado as circunstancias, nunca as boas razóns son suficientes para desterralas.

Tamén se me pide que convide outros cinco blogs a participar, o que transmito con gusto a: Trapobana, Paideleo, Robinson, Xabier Docampo e Jaio

Topics: leco | 6 Comments »

6 Responses to “Onde nos vemos?”

  1. kaplan Says:
    Xaneiro 30th, 2007 at 8:17 p.m.

    aceito o reto. só dea-me tempo.

  2. paideleo Says:
    Xaneiro 30th, 2007 at 10:20 p.m.

    Tomo nota.

  3. Leco Says:
    Xaneiro 30th, 2007 at 10:46 p.m.

    Obrigada, caros veciños.

  4. kaplan Says:
    Xaneiro 30th, 2007 at 11:49 p.m.

    xa fixen os deveres, como un neno boíño

  5. arthur frommers budget travel Says:
    Maio 31st, 2007 at 8:48 a.m.

    arthur frommers budget travel…

    o blog dos pelachos » Onde nos ?…

  6. Asegurándome de non perder » Blog Archive » febreiro2007 Says:
    Decembro 10th, 2007 at 7:01 p.m.

    […] Esta lembranza vén a conto pola pregunta que me fixo leco sobre que tres razóns me farían marchar deste país… E non sei que responder. Xa estiven en Londres un ano e medio e nos EEUU case tres anos e nos dous casos a razón que podo aducir é que foi por amor por Ana. Se ela vai ó fin do mundo, eu vou detrás. E despois deste motivo para emigrar pode haber un feixe de excusas… […]

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08

  • Histórico