O pelacho naceu en 2000, a pelacha en 2004, o primo J. en 2002, a prima P. en 2004 e o primo Jj. en 2007.

« | Home | »

In media res

By Tati Mancebo | Febreiro 26, 2007

A batalla que o frío gañaba ao sol na rúa tivo un final inesperado aos poucos minutos de subirmos no carro.

-Po que face calor?

-Porque dentro do carro non vai vento e o sol nos quenta moito.

-Po que nos quenta lo sol?

-Porque cando o sol sae, sae para todos.

-Po que sae para todos?

-Porque é tan grande, está tan alto e ten tanto lume que manda calor para todos os que estamos debaixo del.

-Que es lo sol?

-O sol é unha estrela.

-Po que la filla de Duce e Fanfua es una estrela?

Os nosos amigos Dulce e François teñen unha filla chamada Sol. A avoa materna de Sol chamábase Estrella mais isto, infelizmente, non llo puiden explicar á pelacha.

Topics: conversas de carro, pelacha | Comentarios desactivados en In media res

Comments are closed.

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08

  • Histórico