O pelacho naceu en 2000, a pelacha en 2004, o primo J. en 2002, a prima P. en 2004 e o primo Jj. en 2007.

« | Home | »

Broma pesada

By Tati Mancebo | Marzo 14, 2007

broma.pngAos pelachos, como a case todos os cativos, encántalles a tortilla de pataca. Hoxe non merendaran porque comeran tarde e pasaron toda a ídem na rúa. Cando chegou a hora da cea o papá serviu ao pelacho un prato con catro bocadiños nada máis. Preguntou por que lle dabamos tan pouca tortilla e dixémoslle que era para que non lle sentase mal. Como comezou a rosmar fixemos como que entendiamos que aínda lle parecía moita e limpamos o prato. Entón para a nosa sorpresa rompeu a chorar e aclarámoslle con cariño que todo fora unha broma e que había tortilla a encher.

-¡NO ME HA GUSTADO NADA ESTA BROMA! ¡CON EL BUEN DÍA QUE YO LLEVABA… Y VAYA BROMA!

Topics: pelacho, Pelachos | 2 Comments »

2 Responses to “Broma pesada”

  1. paideleo Says:
    Marzo 15th, 2007 at 10:48 p.m.

    Non so os rapaces tolean pola tortilla senon calquera estranxeiro.
    un saudo.

  2. Leco Says:
    Marzo 17th, 2007 at 11:36 a.m.

    É que é un grandísimo invento!

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08

  • Histórico