O pelacho naceu en 2000, a pelacha en 2004, o primo J. en 2002, a prima P. en 2004 e o primo Jj. en 2007.

« | Home | »

Coroso: comezou a conta atrás

By Tati Mancebo | Marzo 15, 2007

Desde o primeiro de xaneiro o avó J. comeza a contar os días que faltan para irmos de cámping a Coroso. Lembro a conta atrás desde cativa porque comezamos a pasar os veráns alí no ano 79, cando eu tiña nove anos. Lembro que durante os primeiros meses do ano parecíame tan lonxe que nunca dariamos chegado, mais os meses acababan pasando por diante da nosa porta e chegaba o día en que metiamos todo no carro -sempre co debate de se cabía todo ou se non, de se este anos lebamos máis cousas que nunca, e miña nai sempre a dicir, “pero se ao final sempre colle todo”; e tiña razón, nunca houbemos de soltar lastre.

Os pelachos e os primos devecen por ir a Coroso, xa lles meteu o avó o becho dentro do corpo e, segundo se vai aproximando a data de marchar, menciónano con maior frecuencia. En Coroso todo é mellor, todo sabe mellor… Non hai lugar igual!
O pelacho preguntou hoxe con estrañeza:

-¿Por que en Coroso hace siempre calor y aquí no?

Topics: pelacho, Pelachos | 3 Comments »

3 Responses to “Coroso: comezou a conta atrás”

  1. peke Says:
    Marzo 16th, 2007 at 12:02 p.m.

    Que misterio, non? 🙂

  2. Leco Says:
    Marzo 17th, 2007 at 11:35 a.m.

    Pois si, é curioso o pillo que é para algunhas cousas e o inocentón que é para outras 🙂

  3. txari Says:
    Marzo 21st, 2007 at 6:13 p.m.

    sabe distinto, o vran de coroso que o inverno de chantada, ou que o outono de verín….nom é tonto sabe cal escolher…jajajaja

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08

  • Histórico