O pelacho naceu en 2000, a pelacha en 2004, o primo J. en 2002, a prima P. en 2004 e o primo Jj. en 2007.

« | Home | »

PÍO-PÍO

By Tati Mancebo | Marzo 27, 2007

-Tengo una idea… Por qué no pintamos grafitis en todas la puertas de garaje blancas que encontremos?

-Nooooooon!!!! Non podemos facer iso.

-Por que?

-Porque as portas brancas de garaxe, como todas as portas de garaxes doutras cores, son de alguén e estou certa de que non gostan de que llelas enchamos de grafiti.

-Pues yo creo que no son de nadie.

-Todo é de alguén, pelacho… Case todo.

-Hmmmm, ¿Y las nubes, son de alguien?

-Non, as nubes non.

-¿Y los pájaros?

-Os que andan ceibes polo ceo non, os que están en gaiolas si.

Ás veces é preciso simplificar en relación inversamente proporcional á idade do inquisidor. E mentres eu ficaba medio absorta a matinar que en canto as nubes se transforman en chuvia, e esta devén en propiedade vendíbel suxeita a unha morea de leis, do mesmo modo que acontece coas gaivotas e as pombas cando aniñan nos tellados; mentres trataba de evitar chegar a todas as aves que sen o saberen conforman as comunidades de veciños dos cotos de caza…

-¿Ves como hay muchísimas cosas que no tienen dueño?

Nese momento, de non saber que aceptaría de contado estaría por proporlle saírmos ao campo esprays en man.

Topics: conversas de carro, pelacho, Pelachos | 4 Comments »

4 Responses to “PÍO-PÍO”

  1. X Says:
    Marzo 28th, 2007 at 6:22 p.m.

    Xa os estou vendo pola Coruña adiante en plan graffiteiros de Nova York 😀

  2. paideleo Says:
    Marzo 29th, 2007 at 11:01 p.m.

    Pois si que hai cousas sen dono. E son as máis bonitas.

  3. X Says:
    Abril 1st, 2007 at 5:15 p.m.

    Ten un convite agardando na Selva:

    http://selvadeesmelle.blogspot.com/2007/04/mmmmmsicas-rectificacin-pblica.html

    Saúdos.

  4. Silvio Falcón Says:
    Abril 2nd, 2007 at 9:16 p.m.

    Moi curioso que use o castelán, denota un mundo que vai máis alá do que vostede quere expresar. Moi logrado, si.

    Unha aperta

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08

  • Histórico