O pelacho naceu en 2000, a pelacha en 2004, o primo J. en 2002, a prima P. en 2004 e o primo Jj. en 2007.

« | Home | »

Elefantes e ofensas

By Tati Mancebo | Xuño 23, 2007

Nunha das épocas en que traballei como profesora preparaba grupos de rapaces para a proba de inglés da Selectividade. Unha das preguntas consistía en definir en inglés dous termos tirados dunha lectura e sempre comezabamos o curso do mesmo modo: antes de enfrontarnos ao primeiro simulacro de exame pedíalles que definisen por escrito “elephant”. Todos os grupos ofrecían respostas similares: un animal que ten catro patas, un animal que vive en África, un animal moi grande… e sempre se queixaban porque non sabían dicir trompa nin cairos en inglés, palabras, ao seu xuízo, absolutamente imprescindíbeis para definir un elefante. Eu sempre lles dicía que se me ocorrían máis de cen animais para cada unha das súas definicións e que iso probaba que as definicións non eran o suficientemente boas pois as verdaderiramente boas deberían traer á mente de calquera a imaxe dun animal de catro patas moi grande cun enorme nariz e dous longuísimos dentes. E para iso sempre bastaba cunhas poucas palabras sempre que as escollesen con moito coidado.

Talvez me teña influído ser filla de mestres para considerar que é moi importante saber definir o que coñecemos porque saber  expresarnos tamén é moitas veces saber o que sentimos e, portanto, coñecernos mellor.

O pelacho adora as sorpresas e agardaba expectante pola roupa que ía vestir hoxe despois da ducha:

-Sorpresona cabrona! No lo digo por ofender, es sólo por la rima.

Sorprendeume que empregase o verbo ofender e pedinlle que me dixese que significaba.

-Que alguien se sienta mal por algo que decimos.

(Curiosamente moitos anos despois souben deste conto)

Topics: pelacho | 1 Comment »

One Response to “Elefantes e ofensas”

  1. Cancun Declaration Says:
    Xullo 8th, 2007 at 12:19 p.m.

    List_of_R&B…

    Jafar-as-Sadiq Brigade 6 George Murray Levick Gametic phase Church House South Tawton Douglas Murray (hockey player) Samuel Arthur Saunder Koninklijke Sterrenwacht van België Iota Canis Majoris Cancun Declaration …

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08

  • Histórico