O pelacho naceu en 2000, a pelacha en 2004, o primo J. en 2002, a prima P. en 2004 e o primo Jj. en 2007.

« | Home | »

Existen os blogs alén dos blogs!!

By Tati Mancebo | Xullo 23, 2007

Teño lido e escoitado en moitas ocasións ultimamente que os blogs van a menos, que os máis lidos e especializados, en particular en tecnoloxía e literatura principalmente, teñen cada vez máis seguidores e que os anecdotarios cotiáns cada vez menos, e que os autores destes últimos, ante a falta de interese optan por lamentarse, deixar de escribir e dedicárense a ler os máis valorizados. Sempre pensei que algo de certo debía haber nesta impresión cada vez máis eceptada mais o que non sabía é que existen os blogs alén dos blogs.

Sabía xa de Myspace e Facebook mais a través de La flecha chego hoxe ao fenómeno Fotolog, un servizo que fornece páxinas persoais gratuítas en que se poden subir fotografías e texto, ademais de incluír unha coluna cos fotologs favoritos de cada usuario e outra coas miniaturas dos posts propios máis recentes. Como me chamou a atención que só en Chile houbese máis dun millón de contas, fun mirar cantas había na Coruña -tendo en conta que só aparecen as das persoas que decidiron incluír a súa posición e que ademais da Coruña aparecen outros 500 topónimos galegos, polo que entendo que a maioría destas serán metropolitanas- e fiquei pampa ao ver que pasan das 1.500!!

A maioría dos fotologs que visitei están asinados por adolescentes que postean igual que smsean e hip-hopean, o que implica porcentaxes semellantes de abreviaturas e faltas de ortografía, que mesturan galego e castelán, en moitas ocasións utilizan a palabra máis curta en cada unha das linguas para escribir máis rápido, falan principalmente de amor e mostran as fotos propias ou apañadas da rede que mellor representan a imaxe de si mesmos que desexan proxectar ante os seus e os que poden chegar a selo.

Non teño moi claro por que mais alegroume moito a descuberta.

wenO aQii estOy x fiin de vUeltaaaa!!jeje
viine despOs de unOs dias en La playa en pOrtOsinn jUsto eL diia ke empiieza a LLover xD!

*wenO esta foto xQ no tng oTa, sinO poniia unA de xtOsin koN saRi…xD

*xQue cOgiimOs algO de cOlor…
*xQue mi madRe esta neGra..vale…perO nostRas algO de kOlorCiiLLo tenemOs…xd
*xQue paL año la seguiimOs a dondE vaya…jaja
*x Los camaReRos xd
*xQue seiCa no le kitaBa ojO…jajajajajajajajaja
*x laS piizzaS
*xQue x eL piizzeRo ya sabEmos hacerlas jaja
*x eL cubanO…no..mejOr x eSe no….ke akOjonaDas….xD!!!!
*xQue…hay ke ser precaviidas seica…jajajaja
*xQue……………. RABIOLI!!!!!!!!!!!!!!! jajajajaj ke Riisas
*x Los de smpre…xd
*xQue vamOs avanzandO…??joasjoasjoas
*xQue…..”hOla!!!” y se hundiian…dush…xdxd
*xQue acabamOs kOn la prensa ROsa…jaja
*xQue este añO no hubO piRagUas…
*xQue estaBa el maR bRavoo (perO estaba wena el agua :D:D )

 

Por que espero que este abrazo de la foto vuelva a repetirse pido a dios que se haga eterno y que no vuelva a irse, te echare de menos en vacaciones te estare esperando sentado para que asi al volver pueda abrazarte totalmente recuperado.

Topics: leco | 3 Comments »

3 Responses to “Existen os blogs alén dos blogs!!”

  1. Ana Bande Says:
    Xullo 23rd, 2007 at 11:31 p.m.

    ai pelachiños! ben se ve que non tendes tineirlles na casa, eu xa estou de volta do fenómeno fotolog, Alma (miña filla) et al. (súas colegas) pasan horas nos enchendo eses espazos, os teclados botan fume, cando a miro cando está no ordenador así de concentrada escribindo no seu idioma “xd kme dcs m mdre nm dja…” en fin, por moito que queramos voltar atrás non hai forma. Ata hai pouco ao meu blog cultureta nen caso pero pouco a pouco van entrando na parte seria do asunto e algunhas coleguillas xa me están preguntando cousas, eu morro de ledicia cando poñen comentarios no meu espazo porque aparte do seu idioma tamén falan galego kenindiola e ata algunha desenvólvese nun inglés ktcgas, xa mem gustaría a min…Ah! parabéns pola migración, eu tamén quería marchar do blogspot este e máis dende que tiven a noticia de que te poden inhabilitar as contas así, por real decreto, (pasoulle ao amigo R.R. de Alicia Crece) ¡Corcuera vuelve que te los comes!…o que pasa que non sei se é doado, ¿hai algunha guía por algures? grazas e perdoade o rollo. ¡apertas!

  2. Leco Says:
    Xullo 24th, 2007 at 12:37 a.m.

    Moitas grazas polo teu comentario. Acabas de facerme rir moito! E tes toda a razón do mundo.
    Canto ao de Blogaliza, privilexio que temos grazas ás pestanas que queima o amigo Goretoxo, non me parece fácil nin difícil, é só afacerse. Atoparás toda a info no wiki, incluídas videocapturas de pantalla onde se explica todo paso a paso dun modo moi claro. O primeiro é inscribirse mediante un enderezo de correo para poder abir un blog. Se tes dúbidas ou precisas axuda directa podes falar comigo a través da xanela de chat que tes no meu blog (aparece unha luz verde cando estou conectada) ou polo mess (tatimancebo786 en hotmail) ou polo Skype (tatimancebo) ou mandarme un correo mesmo ao enderezo de hotmail).
    Apertas

  3. Alfredo Ferreiro Says:
    Xullo 31st, 2007 at 12:35 a.m.

    Impresiona comprobar o rápido que vai todo, sobre todo cando nalgún momento da vida pensaches que estabas na vangarda… de algo.

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08

  • Histórico