O pelacho naceu en 2000, a pelacha en 2004, o primo J. en 2002, a prima P. en 2004 e o primo Jj. en 2007.

« | Home | »

Nomes e apelativos

By Tati Mancebo | Agosto 21, 2007

(Desde hai meses a pelacha só me di mamá cando se refire a min en terceira persoa, habitualmente chámame Tati porque di que ese é o meu nome. A ver cando lle explique que nin sequera ese é o oficial… A tía T. preguntoume se non me importaba e díxenlle me daba exactamente igual. Entón argumentou que ela non levara os seus fillos na barriga durante nove meses para que despois a chamasen polo seu nome, como o resto da xente.)

-Tati, ¿Por qué no jugamos a que yo era médico y tú te habías muerto?

-Pero pelacha, para que quero eu un médico se estou morta?

-Claro. Dixo ela asentindo.

-Entón non xogamos?

-¡Jugamos igual!

Topics: pelacha | 4 Comments »

4 Responses to “Nomes e apelativos”

  1. jorge Says:
    Agosto 22nd, 2007 at 8:49 p.m.

    a mín alicia chámame joge (a verdade é que eu influína para que así o fixera, non sei, dame a impresión de que así disminúe un pouco a autoridade que representamos os pais para os rapaces na primeira etapa, cousas miñas).
    faime moita gracia porque teño un amigo brasileiro que a pesar de levar aquí dende o ano oitenta segue a chamarme joge así gusto de pensar que alicia xa fala un pouco portugués.

  2. Leco Says:
    Agosto 28th, 2007 at 12:15 a.m.

    Ola Jorge. Faime graza o da autoridade porque hoxe tivemos unha boa co pelacho, que si me chama mamá, xa ves, a conta da autoridade. Non acabamos de menterlle na cabeza que debe facernos caso á primeira porque ás veces se xoga nada menos que a vida se non o fai, e houbo que explicarllo así de cru 🙁
    Xa fostes pais de novo?
    Beixiños para Alicia

  3. jorge Says:
    Agosto 28th, 2007 at 7:00 a.m.

    Pois aínda non, e dados os precedentes, xa ves, encantados.
    Supoño que algo do neno que todos levamos dentro faime rexeitar un pouco a autoridade aínda que evidentemente sei que é inevitable, simplemente intento levala máis livianamente, se é que se pode. De todos modos según Mark Twain é moi doado que os fillos te queiran moito se es pai, só tes que adorala súa nai.
    Saúdos e tódalas apertas que o calor vos permita.

  4. Leco Says:
    Agosto 30th, 2007 at 11:10 p.m.

    Ese consello vén sendo similar ao de que o que máis anima os cativos a ler é ver os seus pais a ler, independentemente do número de libros que haxa na casa.
    Canto á autoridade, é un asunto complexo. Hoxe en día confúndese a administración arbitraria co concepto de auctoritas, referido á experteza nunha área de coñecemento e mal imos, creo eu, porque non é que non sexan a mesma cousa, senón que non teñen nada a ver. Estou en contra do acatamento incuestionado da autoridade no primeiro caso, desde logo. Mais paréceme un paso esencial aprender a recoñecer a auctoritas e aprender de quen máis sabe. Aprender de alguén implica poñerse nas súas mans e confiar, mesmo facer cousas cuxa finalidade descoñecemos ou simplemente non entendemos. Afortunadamente aprender a confiar tamén implica aprender a desconfiar, e así imos sobrevivindo 🙂

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08

  • Histórico